Ingrid Vang Nyman

Dinamarca, 1916; , 1959

Estudou na Real Academia Danesa de Belas Artes de Copenhague. Produciu a maior parte da súa obra gráfica entre 1945 -ano no que se publicou "Pippi Mediaslongas"- e 1952. Malia que esta obra se converteu nun clásico universal, a súa figura non obtivo un recoñecemento parello ao da escritora Astrid Lindgren, quen dixo dela: "Calquera autor que tivera a suficiente fortuna de atopar un ilustrador co que conxeniase para facer os seus libros, debería estarlle eternamente agradecido". Aínda que non viaxou moito, interesouse moito polas culturas africana, chinesa e india; unha afección que deu lugar a unha serie de litografías publicadas en 1948 sobre a infancia nesas latitudes.