Diego Velázquez

Sevilla, 1599; Madrid, 1660

Aos dez anos de idade entrou como aprendiz no taller do mestre Francisco Pacheco e aos vintetrés trasladouse a Madrid, onde o monarca Felipe IV axiña apreciou o seu talento e elixiuno como pintor oficial da corte. Despois da súa segunda viaxe a Italia, en pleno cumio artístico e vital, pintou "As Meninas". A súa presenza neste cadro, xunto á familia real, amosa o seu desexo de ser considerado como un xentilhome. Gran pintor do Século de Ouro español, é un dos principais retratistas da historia da Arte. Tivo unha influencia considerable sobre numerosos artistas posteriores, como Goya, Courbet, Manet ou Picasso.