Boris Vian

Ville D'Avray, París, 1920; Ville D'Avray, París, 1959

Novelista e dramaturgo. Licenciouse como enxeñeiro industrial en 1943. Foi un gran afeccionado ao jazz e codeouse con intelectuais da talla de Jean Paul Sartre ou Albert Camus. Moitas das súas obras levaban pseudónimos como Bison Ravi, Hugo Hachebuisson ou Vernon Sullivan, nome co que asinou "Cuspirei sobre as vosas tumbas". Deste título fíxose unha adaptación teatral, e en 1959 seguiulle unha versión cinematográfica. Morreu dun paro cardiaco, aos 39 anos, sentado na butaca do cine onde se preestreaba a película, segundo a lenda que acompaña a vida de Vian, nome co que en 1997 chegaron a bautizar un asteroide. Foi autor doutros títulos, como "Todos os mortos teñen a mesma pel", "Que morran os feos", "A merenda dos xenerales", "O outono en Pekín" ou "A escuma dos días".