Lev Vigotski

Orsha, Bielorrusia, 1896; Moscova, Rusia, 1934

Foi un dos máis destacados teóricos da psicoloxía do desenvolvemento, fundador da psicoloxía históricocultural e precursor da neuropsicoloxía soviética. Vigotski salienta en "A imaxinación e a expresión artística na infancia" (1930) a función epistemolóxica e a natureza construtiva da actividade creadora, que se pode suscitar a través tanto do debuxo, como da expresión dramática ou da actividade de creación literaria.