Óscar Villán

Ourense, 1972

Licenciado en Belas Artes, na especialidade de pintura. Co seu primeiro traballo de ilustración para público infantil, "O coelliño branco" (KALANDRAKA), recibiu o 1º Premio Nacional de Ilustración 1999. Ao ano seguinte, esta obra foi incluida polo Banco do Libro de Venezuela no catálogo dos 'Mellores Libros para Nenos'. O álbum adaptouse tamén á linguaxe de pictogramas para a colección Makakiños. Ademais de "A Cebra Camila", ilustrou "Amora", a colección "Do berce á lúa" para pre-lectores, os libros de relatos "O Rei Oso Branco" e "Non hai escapatoria", así como o álbum "Un becho estraño", este último editado no selo FAKTORÍA K. Dirixe a colección de arte Alfabetos, de KALANDRAKA.

http://www.ovillan.com/

Outros libros do mesmo autor en castelán