Christian Voltz

Estrasburgo (Francia), 1967

Estudou na Escola de Artes Decorativas de Estrasburgo. Traballa como ilustrador, debuxante de carteis e colabora en varias revistas xuvenís. É autor dunha vintena de libros para público infantil, facilmente recoñecibles polo seu característico estilo. Outra das súas facetas é a de director de curtametraxes de animación nunha produtora audiovisual, con implantación no mercado alemán.

http://www.christianvoltz.com