María Wernicke

Buenos Aires (Arxentina), 1958

Estudou debuxo na Escola Manuel Belgrano e nos talleres dos artistas Federico Aymá, Pablo Bobbio e Gilda Díaz Vieyra. Forma parte do Foro de Ilustradores/Arxentina. A súa obra expúxose en diversas mostras individuais e colectivas; tamén se adicou ao deseño gráfico. Ilustrou o seu primeiro libro infantil en 1994. Dende entón colaborou con editoriais de Arxentina, México, España, Brasil e Estados Unidos en numerosos proxectos. En 2006 publicouse "Uno y Otro", o seu primeiro libro como autora e ilustradora, que recibiu o premio da Asociación de Literatura Infantil e Xuvenil Arxentina (ALIJA); foi galardoada novamente pola ALIJA en 2009 e 2010. Participou nas Bienais de Ilustración de Bratislava en 2001 e 2007. En 2008, representando a Arxentina, foi seleccionada para o catálogo da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, na que participou ao ano seguinte, e expuxo na Mostra Le Imagine della Fantasia (Sármede). En 2012 participa na exposición I Colori del Sacro (Padova). A súa obra figura na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich e na categoría Altamente Recomendable da Fundación Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Brasil.

http://mariawernicke.com.ar