Ursula Wölfel

Duisburg (Alemaña), 1922; Heidelberg (Alemaña), 2014

Estudou Historia alemana, Filosofía e Psicoloxía en Heidelbelg. Trala II Guerra Mundial traballou como axudante de escola, aprendeu Pedagoxía e incorporouse como profesora nun colexio para nenos con necesidades educativas especiais. En 1959 escribiu o seu primeiro libro infantil e co tempo converteuse nunha das autoras de maior éxito para a infancia. Formou parte do PEN Club dende 1972 e recibiu prestixiosos galardóns: polo conxunto da súa obra obtivo en 1991 o Premio de Literatura Infantil e Xuvenil de Alemaña.