Carlos Yus

Pontevedra, 1965

Profesor de galego na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Pertence ao grupo Migallas Teatro, fundado en 1992 xunto con María Campos, co que leva representadas máis dun milleiro de actuacións por toda Galicia. Son os autores do disco "Canta connosco!" (1996) e do libro infantil "Un avó especial" baseado nun dos seus espectáculos, sobre o Alzheimer. Participa na xestión de contidos da páxina web Orella Pendella, dedicada a difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.