Iñaki Zubeldia

Gipuzkoa, 1945

Licenciado en Maxisterio e Pedagoxía. Foi profesor e fundador da Agrupación de Profesores de Ikastola. Participou en cursos e xornadas pedagóxicas. Actualmente traballa na edición de libros de literatura infantil e xuvenil na editorial Ibaizabal. Publicou obras sobre linguaxe, e de narrativa infantil e xuvenil; tamén é tradutor de literatura infantil, novelas xuvenís e material teórico relacionado co ensino. Coordina a sección de literatura infantil e xuvenil na revista Egan. Colabora en publicacións como Anaitasuna, Jakin, Hegats, Berria, Galtzaundi ou Karramarro.