Anna Laura Cantone

Alexandría, Italia, 1977

Estudou ilustración no Instituto Europeo de Deseño, en Milán, onde imparte clases. No ano 2000 publicou o seu primeiro libro ilustrado, ao que seguiron numerosas obras e colaboracións en revistas especializadas. Participou en exposicións de pintura e escultura en galerías de Italia e doutros países. Recibiu, entre outros, o Premio Ragazzi da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, e o Premio Andersen Le Immagini della Fantasia. Foi seleccionada en varias ocasións pola Feira de Boloña, a Bienal de Ilustración de Bratislava, a Sociedade Americana de Ilustración en Nova York e a Feira Internacional do Libro de Taipei. Tamén participou nunha serie e nunha película de debuxos animados.