MO Gutiérrez Serna

México, 1967

Doutora en Belas Artes, na especialidade de Pintura, pola Universidade Complutense de Madrid, cidade na que reside, tras deixar Santander. Ata o ano 2000 traballou como artista plástica e, desde entón ata a actualidade, dedícase á creación e ilustración de libros de literatura infantil e xuvenil. Entre os galardóns que recibiu destacan o 4º CJ Picture Book Award 2011, o accésit no II Concurso Internacional de Álbum Infantil Ilustrado Biblioteca Insular - Cabildo de Gran Canaria 2007 e a mención especial no V Certame Internacional Álbum Infantil Ilustrado Cidade de Alicante 2005. Colabora con diversas editoriais. A súa obra expúxose en galerías de diversas cidades españolas.

http://www.mogutierrezserna.com/

Outros libros do mesmo autor en castelán