Paloma Valdivia

Chile, 1978

Estudou Deseño na Universidade Pontificia Católica de Chile e posteriormente realizou un curso de posgrao en Ilustración na Escola EINA, de Barcelona. Traballa como ilustradora para diversas editoriais, museos e medios de difusión gráficos, en países como Chile, China e España. Tamén exerce como ilustradora asistente do artista Miguel Gallardo. Publicou uns 15 álbums para público infantil. Outra das súas facetas é como guionista e ilustradora de series de televisión para nenos. Entre os galardóns que recibiu figura o Premio Internacional Bib Plaque, na XVIII Bienal de Ilustración de Eslovaquia. É profesora de ilustración en dous centros universitarios chilenos. Na actualidade reside en Barcelona. Ilustrou a escolma poética de Gabriela Mistral, editada por FAKTORÍA K na colección “Trece Lúas”.

http://palomavaldivia.blogspot.com/

Outros libros do mesmo autor en castelán