Encontramos 11 libros
Cándido e os demais

Cándido e os demais


Fran Pintadera
Christian Inaraja
48 Páx. 17 x 29 cm.
ISBN: 978-84-8464-420-0
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A diferenza e a diversidade, a través das vivencias dun personaxe sensible, distinto; ou non tanto. Todo depende da mirada: a propia cara aos demais, e a allea cara a un mesmo.
Bromas na escuridade

Bromas na escuridade


Daniela Kulot
32 Páx. 23 x 29,7 cm.
ISBN: 978-84-8464-401-9
Prezo: 15.00 €
No stock

PDF
Cantas aventuras emocionantes lles agardan aos tres amigos que se reúnen para durmir xuntos na casa dun deles... Noite de contos de medo, sustos e pantasmas!
Unha casa a medida

Unha casa a medida


Daniela Kulot
32 Páx. 23 x 30 cm.
ISBN: 978-84-8464-468-2
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A estatura non ten por que ser un problema insalvable nesta peculiar parella de namorados. Ao plantexarse a convivencia, terán que aguzar o enxeño para lograr que o fogar resulte cómodo para os dous. Esta fábula moderna achégalles aos máis novos conceptos como o amor, a familia, a tolerancia e o respecto, con grandes doses de humor e moito colorido.
Non é unha caixa

Non é unha caixa


Antoinette Portis
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-326-5
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña ata un cohete espacial, o coelliño desta historia demóstralles aos lectores que unha caixa poder ser todo aquilo que lles permita a imaxinación.
Unha feliz catástrofe

Unha feliz catástrofe


Adela Turin
Nella Bosnia
40 Páx. 21,5 x 27 cm.
ISBN: 978-84-8464-888-8
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A catástrofe pono todo patas arriba: déixaos sen fogar e altera por completo as súas vidas. Pero é a señora Rato a que atopa a solución. Dunha vida monótona, ás aventuras e os novos roles na familia.
A lúa de Xoán

A lúa de Xoán


Carme Solé Vendrell
40 Páx. 21,5 x 28,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-934-2
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Axudado pola súa amiga a Lúa, Xoán terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. Un libro que lle dá resposta aos temores da infancia e aos desafíos da vida: soidade, tristura, enfermidade, morte...
Onde viven os monstros

Onde viven os monstros


Maurice Sendak
48 Páx. 25,5 x 23 cm.
ISBN: 978-84-8464-859-8
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Castigado sen cear polas súas trastadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Alí chegará a converterse no Rei dos monstros. Esta obra está considerada o álbum ilustrado perfecto.
Inventario ilustrado de animais

Inventario ilustrado de animais


Virginie Aladjidi
Emmanuelle Tchoukriel
80 Páx. 21,5 x 30 cm.
ISBN: 978-84-15250-34-0
Prezo: 17.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
...Dende os polos aos trópicos, por desertos e montañas, en bosques e granxas. Un catálogo darwiniano da fauna.
CUSPIREI SOBRE AS VOSAS TUMBAS

CUSPIREI SOBRE AS VOSAS TUMBAS


Boris Vian
148 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-08-4
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Aínda que corre sangue negro polas súas veas, ten a aparencia dun aposto mozo branco, circunstancia que aproveitará para executar a súa cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos da súa raza, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.
Historia sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo. De ritmo áxil, linguaxe suxestiva e directa, a intriga e a frialdade do relato atrapan a atención do lector, que verá posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Saltando todos os límites do politicamente incorrecto, esta obra aporta unha visión diferente e mordaz sobre o fenómeno do racismo, ao tempo que revé a rabia, o odio e a carraxe das súas vítimas.
Ilustración de portada: Marc Taeger
O carnaval dos animais

O carnaval dos animais


Charles Camille Saint-Saëns
José Antonio Abad
João Vaz de Carvalho
48 Páx. 24,5 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-823-9
Prezo: 23.00 €
No stock

PDF
Desde os animais de curral aos felinos, pasando polos seres acuáticos e os voadores. Toda a fauna do mundo reunida para celebrar o aniversario do Rei León ao ritmo das composicións de Camille Saint-Saëns.
Eduardo o neno máis terrible do mundo

Eduardo o neno máis terrible do mundo


John Burningham
40 Páx. 21,5 x 28 cm.
ISBN: 978-84-8464-567-2
Prezo: 15.00 €
No stock

PDF
Un texto conmovedor e reflexivo para transmitirlles aos lectores unha lección de civismo, educación e sensibilidade. As peculiares trasnadas do protagonista vense cunha óptica benevolente, porque todos merecemos a oportunidade de corrixir os nosos defectos para ser mellores persoas.