Encontramos 18 libros
Letras nos cordóns

Letras nos cordóns


Cristina Falcón Maldonado
Marina Marcolin
32 Páx. 26,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-8464-787-4
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Cando aprende a ler, Flor descobre que as letras son contadoras de cousas. Tamén axuda na casa e coida dos seus irmáns no camiño á escola. A memoria imborrable da nenez, nun relato entrañable e ilustrado con dozura.
Correo para tigre

Correo para tigre


Janosch
52 Páx. 15 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-722-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Cando Oso marchou a pescar, levou un bote de tinta azul, papel e sobre para escribirlle ao seu amigo Tigre e que non se sentira tan só. Pero no bosque o correo nunca fora moi áxil. Así, co enxeño duns e coa axuda doutros, o bosque de Oso e Tigre converteuse no mellor comunicado do mundo.
Pequena lúa

Pequena lúa


Elzbieta
32 Páx. 15 x 21 cm.
ISBN: 978-84-8464-757-7
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
As primeiras palabras comezan a agromar na boca de Bubú, que todas as noites sinala a Lúa, cando outros animais cativos xa dormen. 
A estrada

A estrada


Cormac McCarthy
192 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-80-0
Prezo: 18.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un pai e un fillo camiñan sós por un mundo frío, onde apenas nada se move, agás a cinza e a neve no vento. Empurran un carriño pola estrada, van cara ao sur, buscando a salvación. Todo está morto e extinguido ao seu redor e como única protección levan unha pistola para se defender dos bandidos.
Esta é a crónica impactante e conmovedora dunha viaxe de supervivencia nun tempo de futuro sombrío, posterior a unha catástrofe nuclear. O autor novela o mellor e o peor da condición humana, logrando unha obra que colleitou importantes galardóns: Pulitzer de ficción (2007), Premio James Tait Black Memorial (2006) e finalista do National Book Critics Circle (2006).
Ilustración de portada: Marc Taeger
O traxe novo do rei

O traxe novo do rei


Xosé Ballesteros
João Caetano
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-024-0
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
O conto de Hans Christian Andersen, un clásico entre os clásicos, recordaranos que a riqueza non sempre conleva a elegancia e menos cando o ouro é transparente como o aire.
A conxura dos necios

A conxura dos necios


John Kennedy Toole
472 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-50-3
Prezo: 22.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Na sombra proxectada pola viseira verde da gorra, os desdeñosos ollos azuis e amarelos de Ignatius J. Reilly miraban por riba do ombro para as demais persoas que agardaban baixo o reloxo dos grandes almacéns D. H. Holmes, escrutando a multitude...
"A conxura dos necios", galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift: Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el.
Ilustración de portada: Marc Taeger

Anterior |

1 |

|