A estatura non ten por que ser un problema insalvable nesta peculiar parella de namorados. Ao plantexarse a convivencia, terán que aguzar o enxeño para lograr que o fogar resulte cómodo para os dous. Esta fábula moderna achégalles aos máis novos conceptos como o amor, a familia, a tolerancia e o respecto, con grandes doses de humor e moito colorido.