Encontramos 41 libros
Ramón Cabanillas. Escolma poética
Celebración do Ano Cabanillas cunha escolma que repasa o máis senlleiro da produción literaria do poeta cambadés, dende "Vento mareiro", ata "No desterro", pasando por "Da terra asoballada" ou "A rosa de cen follas".
Budapest

Budapest


Chico Buarque
164 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-51-0
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Debía estar prohibido escarnecerse de quen se aventura nunha lingua estranxeira. Certa mañá, ao baixar do metro por erro nunha estación azul igual á dela, cun nome semellante á estación da casa dela, telefonei desde a rúa e díxenlle: estou chegando case. Supuxen nese mesmo intre que dixera un disparate, pois a profesora pediume que repetise a oración.
José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, "a única lingua do mundo que o demo respecta".
Ilustración de portada: Marc Taeger
A casiña de chocolate

A casiña de chocolate


Jakob & Wilhelm Grimm
Pablo Auladell
48 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-663-1
Prezo: 13.00 €
No stock

PDF
Conto dos irmáns Grimm. Cunha persoal pincelada artística, toda a esencia do clásico alemán: Hansel e Gretel, abandonados nun bosque misterioso á mercé dunha tiránica bruxa.
Lolita

Lolita


Vladimir Nabokov
452 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-37-4
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A porta do baño iluminado estaba entornada; ademais diso, un resplandor esquelético chegaba dende as lámpadas de fóra a través da persiana veneciana; estes raios entrecruzados penetraban a escuridade do dormitorio e revelaron a seguinte situación: vestida cun dos seus vellos camisóns, a miña Lolita estaba deitada de lado, dándome as costas, no medio da cama. De todas as novelas deste autor, "Lolita" é a máis completa, fascinante e controvertida. Despois de marchar de Rusia e do seu exilio en Berlín, Nabokov trasládase a Estados Unidos, onde se afai á nova vida dun país ao que acabará retratando ironicamente nesta novela.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Eduardo o neno máis terrible do mundo

Eduardo o neno máis terrible do mundo


John Burningham
40 Páx. 21,5 x 28 cm.
ISBN: 978-84-8464-567-2
Prezo: 15.00 €
No stock

PDF
Un texto conmovedor e reflexivo para transmitirlles aos lectores unha lección de civismo, educación e sensibilidade. As peculiares trasnadas do protagonista vense cunha óptica benevolente, porque todos merecemos a oportunidade de corrixir os nosos defectos para ser mellores persoas.

Anterior |

1 |

2 |

3 |

|