Encontramos 16 libros
Non é unha caixa

Non é unha caixa


Antoinette Portis
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-326-5
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña ata un cohete espacial, o coelliño desta historia demóstralles aos lectores que unha caixa poder ser todo aquilo que lles permita a imaxinación.
Carta a un profesor mozo

Carta a un profesor mozo


Philippe Meirieu
144 Páx. 15 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-327-2
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Unha das personalidades máis destacadas da actualidade en Francia no campo das Ciencias da Educación dírixese reflexivamente a futuras mestras e mestres, alentándoos exercer esta profesión dun xeito responsable, creador e feliz.
Fotografía de portada: Vicente Blanco
O nacemento do dragón

O nacemento do dragón


Wang Fei
Marie Sellier
Catherine Louis
40 Páx. 15 x 30 cm.
ISBN: 978-84-8464-445-3
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Esta obra bilingüe galego-chino mandarín, que conxuga literatura, caligrafía e ilustración, conta a orixe desta criatura mítica, creada en tempo inmemorial polos nenos e nenas das diversas tribos chinesas.
Ovelliña, dáme la

Ovelliña, dáme la


Isabel Minhós Martins
Yara Kono
32 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-688-4
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Mención I Premio Compostela para Álbums Ilustrados. Bufanda, medias, luvas e gorro para abrigarse ben no inverno. Coa la desta ovelliña protexerémonos do frío e recitaremos versos suaves e quentiños.
Non hai berce coma o colo

Non hai berce coma o colo


Paulo Nogueira
Magoia Bodega
Mariona Cabassa
48 Páx. 16 x 16 cm.
ISBN: 978-84-8464-907-6
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un libro-disco de arrolos tradicionais, xoias melódicas do noso patrimonio oral e musical recreadas por destacados intérpretes. Cómpre conservar esta riqueza e seguir adurmiñando os meniños con estes cantos de berce procedentes de puntos diversos da xeografía galega.
A árbore da escola

A árbore da escola


Antonio Sandoval
Emilio Urberuaga
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-259-6
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Achegarse a el, aloumiñar o seu tronco, regalo, darlle apertas, lerlle poemas... Ogallá a semente desta árbore viaxe a moitas escolas.
A ratiña presumida

A ratiña presumida


José Antonio López Parreño
Pablo Mestre
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-130-8
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Conto popular. A ratiña de sempre, pero desta vez a súa voz soa a campaíña, e a do can a castañolas, e a do gato a... Un conto para contar e cantar.
Garavanciño

Garavanciño


Olalla González
Marc Taeger
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-682-2
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Conto popular. Fronte ao pequeno tamaño do seu protagonista, destaca a súa grandeza de corazón e de intelixencia; agora volve cunha nova proposta plástica, a base de collage e lapis de cores.
A evolución de Calpurnia Tate

A evolución de Calpurnia Tate


Jacqueline Kelly
372 Páx. 13,85 x 20,5 cm.
ISBN: 978-84-16721-16-0
Prezo: 18.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista.
Unha última carta

Unha última carta


Antonis Papatheodoulou
Iris Samartzi
48 Páx. 20 x 15 cm.
ISBN: 978-84-8464-271-8
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
As palabras pode levalas o vento ou, no caso desta fermosa historia, un amable carteiro. No seu derradeiro día de traballo, agárdalle unha experiencia inesquecible.
O pirata pata de lata

O pirata pata de lata


Oli
Ramón Trigo
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-679-2
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo en busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está polo labor de combater.
Cadros dunha exposición

Cadros dunha exposición


Modest Mussorgsky
José Antonio Abad
Xosé Cobas
48 Páx. 24,5 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-935-9
Prezo: 23.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ocazul percorre o Museo de San Petersburgo onde contempla, ao ritmo da música de Mussorgsky, as pinturas de Hartmann. Os cuadros toman vida, facendo desta visita unha experiencia inesquecible, a medio camiño entre a realidade e a fantasía. 

|

2 |

Seguinte