Encontramos 16 libros
A raíña de Turnedó

A raíña de Turnedó


Gloria Sánchez
Pablo Otero
64 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-881-9
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Aplaudan, exclamen, animen, berren... Neste poema escénico a participación do público é fundamental para acompañar os excéntricos personaxes desta divertida corte real. A sonoridade, a rima e a estrutura acumulativa do relato son as claves para enganchar a lectura ou a representación da obra.
Titiricircus

Titiricircus


Títeres Tanxarina
(Pablo Giráldez) Pastor
36 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-800-0
Prezo: 13.00 €
No stock

PDF
O libro conmemorativo do 25 aniversario desta obra de teatro de monicreques, a máis representada en toda Galicia, é unha homenaxe ao circo, que fixo vibrar a xeracións de nenos e nenas con personaxes e destrezas inimitables. Tanxarina dálle continuidade a ese mundo de soños coas funcións coas que viaxa de vila en vila.
Sete casas en Francia

Sete casas en Francia


Bernardo Atxaga
276 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-61-9
Prezo: 19.50 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Chrysostome Liège asinou o contrato para servir na Force Publique do rei Leopoldo a comezos de 1903, e chegou ao seu destino no Congo en agosto do mesmo ano tras viaxar en paquebote de Anveres a Matadi, despois en tren até Léopoldville, e logo ao final nun pequeno vapor, o Princesse Clémentine, deica o destacamento militar de Yangambi.
Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Obabakoak

Obabakoak


Bernardo Atxaga
420 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-36-7
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Para escribir un conto en só cinco minutos cómpre que consiga -ademais da tradicional pluma e do papel branco, naturalmente- un diminuto reloxo de area, o cal lle dará cumprida información tanto do paso do tempo como da vaidade e inutilidade das cousas desta vida.
"Obabakoak" transporta o lector ao territorio atemporal e infantil dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario irrompe no cotiá. Obaba non existe, non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero o lector axiña atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta.
Ilustración de portada: Marc Taeger

Anterior |

1 |

|