Encontramos 61 libros
Agni e a chuvia

Agni e a chuvia


Dora Sales
Enrique Flores
128 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-305-0
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Pobreza e invisibilidade son o día a día dun neno de 10 anos en Bombai. Dende os 6 traballa nun lavadoiro. E malia todo, sempre sorrí.
A árbore xenerosa

A árbore xenerosa


Shel Silverstein
64 Páx. 19 x 25,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-962-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Volve un clásico que pregoa a amizade, o coidado do medio ambiente... Tenro e conmovedor, un relato do paso da infancia á idade adulta; unha historia sobre a xenerosidade e o amor sen límites dunha árbore cara a un neno.
Emilio

Emilio


Tomi Ungerer
32 Páx. 20 x 28 cm.
ISBN: 978-84-8464-247-3
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Salvar un famoso mergullador do ataque dun tiburón é a primeira fazaña dun intrépido polbo, á que seguirán outras divertidas aventuras.
Balea

Balea


Federico Fernández
Germán González
20 Páx. 14 x 33,5 cm.
ISBN: 978-848464-977-9
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un libro acordeón que nos presenta un artefacto mecánico con forma de cetáceo que está habitado por curiosos personaxes. No seu interior suceden máis dun cento de divertidas historias. Observa con atención e poderás descubrilas!
A cidade dos nenos

A cidade dos nenos


Francesco Tonucci
288 Páx. 15 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-274-9
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Son moitas as cidades europeas e latinoamericanas que xa se sumaron ao novo xeito de pensar a cidade proposto por Tonucci, entre elas, Pontevedra. Porque unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para todos.
Director de colección: Antón Costa
Osiño

Osiño


Else Holmelund Minarik
Maurice Sendak
64 Páx. 15 x 23 cm.
ISBN: 978-84-8464-866-6
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
O primeiro título dunha serie protagonizada por unha entrañable familia de osos. Relatos breves que nos atraparán pola súa tenrura e cercanía, ilustrados coa mestría de Sendak, ao xeito dos antigos gravados.
Cor animal

Cor animal


Agustín Agra
Maya Hanisch
36 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-15250-84-5
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
As habilidades, costumes e curiosidades dunha trintena de animais terrestres, acuáticos e voadores, representados coa técnica do collage e cun chamativo tratamento cromático. Unha maneira amena e orixinal de achegarse á fauna, apreciar a biodiversidade e viaxar por todo o mundo.
Compostela

Compostela


David Pintor
64 Páx. 25 x 17 cm.
ISBN: 978-84-8464-751-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un percorrido visual por lugares emblemáticos, modernos e históricos, dunha cidade engaiolante que invita a volver. Cunha ollada chea de fantasía, este caderno de viaxe descobre a outra cara, máxica e suxerente, da súa paisaxe e da súa paisanaxe.
Aquiles o puntiño

Aquiles o puntiño


Guia Risari
Marc Taeger
40 Páx. 22 x 28 cm.
ISBN: 978-84-8464-568-9
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ao principio, no medio dunha folla en branco sen debuxos nin marcas, había un puntiño. Era claro, case transparente. O sol atravesábao coma un espello de auga. Pouco a pouco foise coloreando... E medrou.
Leviatán

Leviatán


Ramón Trigo
36 Páx. 24,5 x 18,5 cm.
ISBN: 978-84-15250-82-1
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
O océano, unha misteriosa balea, os tripulantes dun barco en ardua persecución. Unha proposta pictórica chea de forza, simbolismo e xogos humorísticos para representar a complexa relación entre o planeta e os seus inconscientes habitantes.
O señor Ibrahim e as flores do Corán

O señor Ibrahim e as flores do Corán


Éric-Emmanuel Schmitt
64 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-09-1
Prezo: 10.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo do agarimo dos seus pais. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...
Máis que unha novela, un conto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e fortalece a nosa precaria confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudopaternal entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta á reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Ícaro

Ícaro


Federico Delicado
40 Páx. 27,5 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-903-8
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
O álbum galardoado co VII Premio Internacional Compostela é unha fermosa alegoría sobre a liberdade. Realidade e fantasía converxen, abrindo as posibilidades de interpretación dunha historia debedora de Kafka e Hopper.

Anterior |

1 |

2 |

|

4 |

5 |

6 |

Seguinte