Encontramos 66 libros
Río Bravo

Río Bravo


Chévere
96 Páx. 16 x 22,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-320-3
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A colección Biblioteca de Teatro iníciase co texto dunha das obras máis representadas da escena galega: un intenso musical que espreme os clixés do western. Para celebrar os 30 anos de Chévere ao son de "Xum... Flaca! Flaca!".
Rufus. O morcego que adoraba as cores

Rufus. O morcego que adoraba as cores


Tomi Ungerer
40 Páx. 20 x 28 cm.
ISBN: 978-84-8464-315-9
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Canso da noite e da súa escura vestimenta, este morcego decidiu pintarse de cores e voar de día, mais... non foi unha boa idea tan boa!
As pescadoras

As pescadoras


Nadia Menotti
36 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-283-1
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Que ule mellor? As flores? O peixe? Para gustos, pintan [c]olores. Un conto tradicional hindú escenificado cunha delicada e suxestiva proposta estética.
Canta connosco!

Canta connosco!


Migallas Teatro
Óscar Villán
48 Páx. 16 x 16 cm.
ISBN: 978-84-8464-276-3
Prezo: 22.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
No 20.º aniversario deste sobranceiro traballo musical, a edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd recupera as cancións que fixeron bailar a moitas xeracións de rapazas e rapaces a ritmo de rap, rock, reggae e melodías tradicionais.


 Dirección e realización dos videoclips JOSÉ MIGUEL SAGÜILLO 
Confundindo historias

Confundindo historias


Gianni Rodari
Alessandro Sanna
40 Páx. 22 x 30 cm.
ISBN: 978-84-8464-503-0
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Xogando a romper o coñecido, este «conto por teléfono» ofrécenos unha sorprendente visión da clásica Carapuchiña.
Cinco minutos de Paz

Cinco minutos de Paz


Jill Murphy
32 Páx. 28 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-241-1
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Mamá Grande só quere uns minutiños de tranquilidade na súa bañeira quente, escumosa e chea de burbullas. Pero Lester, Laura e o bebé teñen tanta enerxía e fan tanto barullo como sempre. A paz dúralle moi pouco a Mamá Grande.
A visita de osiño

A visita de osiño


Else Holmelund Minarik
Maurice Sendak
64 Páx. 15 x 23 cm.
ISBN: 978-84-8464-874-1
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Que mellores contos que os dos avós, que mellores ensinanzas que as súas! Por iso a Osiño lle gusta tanto visitar a Avoa e Avó Oso. Complicidade e tenrura a manchea neste fermoso libro de relatos breves.
Gatiño e as vacacións
Distintos modelos de familia e circunstancias sociais diversas están representados neste álbum con sabor a verán, praia, monte, pobo, viaxes... ou a outra maneira de gozar do tempo de lecer e de descanso.
Máis alá da fiestra

Máis alá da fiestra


Maurice Sendak
40 Páx. 25 x 23 cm.
ISBN: 978-84-8464-862-8
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A obra que completa a triloxía de contos oníricos de Sendak trasládanos a un mundo confuso no que Aida terá que demostrar o seu valor para rescatar a súa irmá pequena. Responsabilidade, lealtade e capacidade para corrixir os erros cometidos, ocupan tamén as páxinas deste libro, de imaxes enigmáticas, sorprendentes e con eco melódico.
Eu curareite, dixo oso pequeno

Eu curareite, dixo oso pequeno


Janosch
48 Páx. 15 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-908-3
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Cando tigre pequeno enferma, oso pequeno preocúpase de coidalo e todos os veciños do bosque o acompañan no seu traslado ao hospital de animais. A auténtica amizade, máis aínda nos momentos difíciles, é o cerne deste relato entrañable e propenso ao sorriso.
Compostela

Compostela


David Pintor
64 Páx. 25 x 17 cm.
ISBN: 978-84-8464-751-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un percorrido visual por lugares emblemáticos, modernos e históricos, dunha cidade engaiolante que invita a volver. Cunha ollada chea de fantasía, este caderno de viaxe descobre a outra cara, máxica e suxerente, da súa paisaxe e da súa paisanaxe.
O señor Ibrahim e as flores do Corán

O señor Ibrahim e as flores do Corán


Éric-Emmanuel Schmitt
64 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-09-1
Prezo: 10.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo do agarimo dos seus pais. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e a experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...
Máis que unha novela, un conto iniciático que apela ao multiculturalismo, a tolerancia e o entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e fortalece a nosa precaria confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudopaternal entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta á reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos.
Ilustración de portada: Marc Taeger

Anterior |

1 |

2 |

|

4 |

5 |

6 |

Seguinte