Encontramos 65 libros
Tempo de exilio

Tempo de exilio


Joseba Sarrionandia
264 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-15250-78-4
Prezo: 15.00 €
No stock

PDF
A primeira antoloxía poética de Joseba Sarrionandia en edición bilingüe galego-éuscaro reflicte a rebeldía do autor e o seu compromiso coa lingua do seu pobo. Tamén pode lerse como unha crónica recente da nación vasca, en clave sentimental, a través da peripecia vital deste poeta, cuxos versos foron musicados por Laboa, Ordorika ou Oskorri.
Ilustrador de portada: Suso Basterrechea
Inventario ilustrado de animais con cola

Inventario ilustrado de animais con cola


Emmanuelle Tchoukriel
Virginie Aladjidi
48 Páx. 21,5 x 30 cm.
ISBN: 978-84-15250-76-0
Prezo: 16.00 €
No stock

PDF
Para non perder o equilibrio, desprazarse, comunicarse, atacar ou defenderse... A cola destes animais é máis importante do que parece e este álbum descúbrenos as formas, colores e funcións deste curioso apéndice en especies de todo o mundo.
A raíña de Turnedó

A raíña de Turnedó


Gloria Sánchez
Pablo Otero
64 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-881-9
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Aplaudan, exclamen, animen, berren... Neste poema escénico a participación do público é fundamental para acompañar os excéntricos personaxes desta divertida corte real. A sonoridade, a rima e a estrutura acumulativa do relato son as claves para enganchar a lectura ou a representación da obra.
As tres princesas pálidas

As tres princesas pálidas


María José (AJO) Martín Francés
Carole Hénaff
36 Páx. 24,5 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-878-9
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Chega a hora do relevo para o vello monarca dun reino lonxano. Un conto clásico que rima e se repite, inspirado na estética das mil e unha noites; un relato evocador que nos envolve nun universo máxico e poético.
Estrela do norte

Estrela do norte


Luís Rei Núñez
120 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-15250-70-8
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ao abeiro da métrica e da rima, estes poemas beben da fonte da tradición popular, das letras cultas e da contemporaneidade. Versos de estirpe deliberadamente figurativa, na procura das emocións.
Ilustración de portada: Fernando Babío
Onde nunca e mañá

Onde nunca e mañá


Manuel Álvarez Torneiro
120 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-15250-69-2
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Na súa persistente batalla a favor da vida, o poeta practica o esmero léxico neste novo inventario de latexos, afonda na exquisitez da naturalidade e aproxima os seus versos á cadencia do sermón, coa memoria como faro e meta.
Ilustración de portada: Alejandro González Pascual
Elefante comellón

Elefante comellón


Rafael Ordóñez
Marc Taeger
40 Páx. 24,5 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-835-2
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Unha fauna mansa e vexetariana aparece nas páxinas deste divertido xogo de palabras rimadas. Creados coa técnica do linogravado, animais e froitas forman un sorprendente mosaico de cores e formas.
Tic Tac

Tic Tac


Pablo Díaz
Marc Taeger
48 Páx. 16 x 16 cm.
ISBN: 978-84-8464-701-0
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Cancións que farán as delicias das nenas e nenos, con ritmos universais arraigados na música tradicional, e un acompañamento estético e cromático baseado nas técnicas artesanais.
Lisboa

Lisboa


David Pintor
64 Páx. 24,5 x 16,5 cm.
ISBN: 978-989-749-012-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
As rúas empedradas, as prazas acolledoras, o colorido de tendais e azulexos, a luz e a auga que tanto caracterizan a cidade... Ningún detalle pasa desapercibido neste caderno de viaxe que amosa Lisboa cun punto de vista orixinal, repleto de elementos simbólicos que acompañan os visitantes no seu percorrido por espazos tanto emblemáticos coma descoñecidos.
Ser amigos

Ser amigos


Arianna Papini
36 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-814-7
Prezo: 13.00 €
No stock

PDF
Confianza, apoio mutuo, compartir bos e malos momentos... as claves para convivir en harmonía, a través do testemuño de simpáticos animais.
Niños

Niños


Pepe Márquez
Natalia Colombo
40 Páx. 20 x 20 cm.
ISBN: 978-84-8464-698-3
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Grandes, pequenos, accesibles, agochados, orixinais... estes paxaros habitan en fogares dispares. Tan diferentes e á vez tan parecidas, as aves suscitan curiosidade e admiración.
Ai, Filomena, Filomena! e outros contos

Ai, Filomena, Filomena! e outros contos


Miquel Obiols
Miguel Calatayud
96 Páx. 15 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-777-5
Prezo: 14.00 €
No stock

PDF
Un clásico do creador de memorables programas infantís, renovado cunha proposta estética actual polo prestixioso gañador de varios Premios Nacionais de Ilustración. Os sorprendentes relatos deste libro son a máxima expresión da imaxinación e do nonsense.

Anterior |

1 |

2 |

3 |

|

5 |

6 |

Seguinte