Encontramos 10 libros
Miau

Miau


Antonio Rubio
Óscar Villán
16 Páx. 16 x 16 cm.
ISBN: 978-84-8464-543-6
Prezo: 7.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Colección "Do berce a lúa". Poema onomatopéxico para ser lido e recitado. Animais do medio próximo preséntanse a si mesmos miañando, rinchando, cacarexando, bruando...
A Torre

A Torre


Antonio Sandoval
240 Páx. 15,5 x 23 cm.
ISBN: 978-84-16721-27-6
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Sensacións, descricións da natureza, relatos míticos e históricos, reflexións sobre como mudar o xeito de relacionarnos co medio que nos rodea. Lecturas ao Natural cunha protagonista: a Torre de Hércules.
Ilustrador de Portada: Adrià Fruitós
INVENTARIO ILUSTRADO DE DINOSAUROS
Fascinantes criaturas que habitaron a Terra ata hai 66 millóns de anos -entre o Triásico, o Xurásico e o Cretáceo- amósanse neste libro ata onde a paleontoloxía puido estudar os seus fósiles. Aquí están os últimos achados sobre case medio cento de primitivos réptiles, predecesores das actuais aves.
A árbore xenerosa

A árbore xenerosa


Shel Silverstein
64 Páx. 19 x 25,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-962-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Volve un clásico que pregoa a amizade, o coidado do medio ambiente... Tenro e conmovedor, un relato do paso da infancia á idade adulta; unha historia sobre a xenerosidade e o amor sen límites dunha árbore cara a un neno.
Cantarolas

Cantarolas


Anisia Miranda
Xosé Neira Vilas
Leandro Lamas
56 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-978-6
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Outra volta sobre un clásico entrañable da Literatura Infantil e Xuvenil galega, con poemas -musicados, algúns deles- que evocan os campos, o bulir da fauna dos bosques e dos ríos, e a vida cotiá da infancia no medio rural.
Cadros dunha exposición

Cadros dunha exposición


Modest Mussorgsky
José Antonio Abad
Xosé Cobas
48 Páx. 24,5 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-935-9
Prezo: 23.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ocazul percorre o Museo de San Petersburgo onde contempla, ao ritmo da música de Mussorgsky, as pinturas de Hartmann. Os cuadros toman vida, facendo desta visita unha experiencia inesquecible, a medio camiño entre a realidade e a fantasía. 
Aquiles o puntiño

Aquiles o puntiño


Guia Risari
Marc Taeger
40 Páx. 22 x 28 cm.
ISBN: 978-84-8464-568-9
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ao principio, no medio dunha folla en branco sen debuxos nin marcas, había un puntiño. Era claro, case transparente. O sol atravesábao coma un espello de auga. Pouco a pouco foise coloreando... E medrou.
Inventario ilustrado dos mares

Inventario ilustrado dos mares


Virginie Aladjidi
Emmanuelle Tchoukriel
72 Páx. 21,5 x 30 cm.
ISBN: 978-84-15250-48-7
Prezo: 17.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Unha sinxela e práctica guía da rica biodiversidade mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de extinción. Unha obra que fomenta a curiosidade e a sensibilización de nenos e de adultos polo medio natural e a súa conservación.
Indignádevos!

Indignádevos!


Stéphane Hessel
52 Páx. 13,5 x 20 cm.
ISBN: 978-84-15250-06-7
Prezo: 5.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Unha obra directa, reivindicativa e axitadora, que apela á sociedade para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A este chamamento á indignación colectiva, á desobediencia e á resistencia, súmase o escritor Manuel Rivas, cun atinado limiar que reivindica o poder da palabra.
Prólogo: Manuel Rivas
Ilustración de portada: Marc Taeger
Lolita

Lolita


Vladimir Nabokov
452 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-37-4
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A porta do baño iluminado estaba entornada; ademais diso, un resplandor esquelético chegaba dende as lámpadas de fóra a través da persiana veneciana; estes raios entrecruzados penetraban a escuridade do dormitorio e revelaron a seguinte situación: vestida cun dos seus vellos camisóns, a miña Lolita estaba deitada de lado, dándome as costas, no medio da cama. De todas as novelas deste autor, "Lolita" é a máis completa, fascinante e controvertida. Despois de marchar de Rusia e do seu exilio en Berlín, Nabokov trasládase a Estados Unidos, onde se afai á nova vida dun país ao que acabará retratando ironicamente nesta novela.
Ilustración de portada: Marc Taeger