Encontramos 60 libros
A viaxe de mamá

A viaxe de mamá


Mariana Ruiz Johnson
32 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-992-2
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Cando mamá se ausenta por traballo, a casa non arrecende a flores e é papá quen coida en solitario do pequeno elefante. A maleta, o aeroporto, a despedida..., todo un proceso ata que mamá á fin regresa.
A amiga de osiño

A amiga de osiño


Else Holmelund Minarik
Maurice Sendak
64 Páx. 15 x 23 cm.
ISBN: 978-84-8464-945-8
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Quen ten un amigo, ten un tesouro. Osiño comparte paseos, conversas e celebracións coa pequena Emilia ata que o final do verán trunca os seus encontros, pero non a súa amizade, que continuará na distancia.
O pirata pata de lata

O pirata pata de lata


Oli
Ramón Trigo
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-679-2
Prezo: 13.00 €
No stock

PDF
A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo en busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está polo labor de combater.
Papá Oso volve á casa

Papá Oso volve á casa


Else Holmelund Minarik
Maurice Sendak
64 Páx. 15 x 23 cm.
ISBN: 978-84-8464-943-4
Prezo: 12.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Osito está impaciente ante o regreso de Papá Oso: quere pescar coma el, imaxina as súas aventuras no mar... A familia por fin volve estar unida no fogar; un fogar que non sería o mesmo sen as inquedanzas de Osiño.
Despois da chuvia

Despois da chuvia


Miguel Cerro
32 Páx. 19,5 x 29 cm.
ISBN: 978-84-8464-968-7
Prezo: 15.00 €
No stock

PDF
Un diluvio inunda o bosque e os seus habitantes terán que buscar refuxio. O pequeno raposo ofrécese para buscar comida e auga, pero o grupo non cre nas súas capacidades nin nas súas intencións.
Bocas. Animais extraordinarios

Bocas. Animais extraordinarios


Xulio Gutiérrez
Nicolás Fernández
32 Páx. 24 x 34 cm.
ISBN: 978-84-96957-27-5
Prezo: 16.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
En cada ecosistema miles de animales loitan pola súa vida segundo a dura lei da selección natural: "comer e non ser comido"...
Inventario ilustrado de animais con cola
Para non perder o equilibrio, desprazarse, comunicarse, atacar ou defenderse... A cola destes animais é máis importante do que parece e este álbum descúbrenos as formas, colores e funcións deste curioso apéndice en especies de todo o mundo.
O que lle aconteceu a Barnaby Brocket

O que lle aconteceu a Barnaby Brocket


John Boyne
264 Páx. 13,5 x 20 cm.
ISBN: 978-84-15250-74-6
Prezo: 14.00 €
No stock

PDF
O terceiro fillo do señor e da señora Brocket naceu desafiando a lei da gravidade. Os seus pais son fanáticos da "normalidade" e non aturan que o neno teña a rara habilidade de flotar. Tras botalo da casa, Barnaby coñece mundo e fai amigos que, coma el, representan a diferenza e a diversidade nun mundo pouco tolerante.
Ilustración de portada: Oliver Jeffers 

“Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2013.”

As aventuras de Pinocho

As aventuras de Pinocho


Carlo Collodi
Roberto Innocenti
200 Páx. 21,5 x 29 cm.
ISBN: 978-84-8464-578-8
Prezo: 32.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Como a moitos rapaces, a Pinocho, gústalle facer trasnadas, desobedecer os maiores e estudar o menos posible. Tamén, como a case todos, gústalle facer o que lle vén en gana e despreocuparse das consecuencias. Pero Pinocho non é un rapaz como os demais...
Un pesadelo no meu armario

Un pesadelo no meu armario


Mercer Mayer
36 Páx. 21 x 26,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-101-8
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Quen non tivo medo algunha noite? Ás veces, os pesadelos agóchanse nos armarios e asústannos desde alí. 
O baile diminuto

O baile diminuto


María José Ferrada
Sole Poirot Oliva
36 Páx. 18,5 x 27 cm.
ISBN: 978-84-8464-782-9
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas?
Ai, Filomena, Filomena! e outros contos

Ai, Filomena, Filomena! e outros contos


Miquel Obiols
Miguel Calatayud
96 Páx. 15 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-777-5
Prezo: 14.00 €
No stock

PDF
Un clásico do creador de memorables programas infantís, renovado cunha proposta estética actual polo prestixioso gañador de varios Premios Nacionais de Ilustración. Os sorprendentes relatos deste libro son a máxima expresión da imaxinación e do nonsense.

Anterior |

1 |

2 |

3 |

|

5 |

Seguinte