Encontramos 57 libros
Correo para tigre

Correo para tigre


Janosch
52 Páx. 15 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-722-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Cando Oso marchou a pescar, levou un bote de tinta azul, papel e sobre para escribirlle ao seu amigo Tigre e que non se sentira tan só. Pero no bosque o correo nunca fora moi áxil. Así, co enxeño duns e coa axuda doutros, o bosque de Oso e Tigre converteuse no mellor comunicado do mundo.
Mal de pedra

Mal de pedra


Milena Agus
96 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-90-9
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Era una muller sarda, romántica, namoradiza e ilusionada, que buscaba o amor ideal, pero que foi obrigada a casar cun home do que non estaba namorada. O seu mal de pedra levouna ata un balneario onde por fin atopou o amor desexado.Esta novela de Milena Agus, galardoada co Premio Elsa Morente 2006 e finalista do Premio Junturas 2004, é unha obra delicada e intensa que transporta os lectores ata un mundo entre a realidade e a fantasía, narrada cunha linguaxe sinxela, fermosa e chea de sensibilidade.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Milu

Milu


Manuel Rivas
Aitana Carrasco
48 Páx. 24,5 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-735-5
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ela é a voz de moitos nenos e nenas que están en situación de desvantaxe social e non poden gozar do seu dereito a vivir en familia. Un libro solidario que nos lembra que tamén hai lugar para a esperanza.
Os petos de Loreto

Os petos de Loreto


Quentin Blake
36 Páx. 22 x 28,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-696-9
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Hai petos e petos. Os de Loreto non teñen fondo: bucinas, sombreiros, xeados... todo o que a imaxinación suxira está no seu abrigo. S
A historia de Erika

A historia de Erika


Ruth Vander Zee
Roberto Innocenti
32 Páx. 25,5 x 24,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-520-7
Prezo: 16.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Transcorreron mais de sete décadas dende a liberación dos campos de exterminio nazis, e Erika cóntanos a súa historia para lembrarnos que a mellor maneira de que non se repita é manter viva a memoria.
Pan con xamón

Pan con xamón


Charles Bukowski
348 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-72-5
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
"Non tiña amigos na escola, nin falta que me facían. A min reinábame máis andar só. Sentaba nun banco e miraba como xogaban os outros e pensaba que parecían parvos...".
Relato autobiográfico, de estilo directo e descarnado, no que Charles Bukowski narra, da man do seu propio alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e a mocidade. A obra transcorre na cidade norteamericana de Los Angeles durante os anos da Gran Depresión.
Ilustración de portada: Marc Taeger
O traxe novo do rei

O traxe novo do rei


Xosé Ballesteros
João Caetano
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-024-0
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
O conto de Hans Christian Andersen, un clásico entre os clásicos, recordaranos que a riqueza non sempre conleva a elegancia e menos cando o ouro é transparente como o aire.
Budapest

Budapest


Chico Buarque
164 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-51-0
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Debía estar prohibido escarnecerse de quen se aventura nunha lingua estranxeira. Certa mañá, ao baixar do metro por erro nunha estación azul igual á dela, cun nome semellante á estación da casa dela, telefonei desde a rúa e díxenlle: estou chegando case. Supuxen nese mesmo intre que dixera un disparate, pois a profesora pediume que repetise a oración.
José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, "a única lingua do mundo que o demo respecta".
Ilustración de portada: Marc Taeger
Obabakoak

Obabakoak


Bernardo Atxaga
420 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-36-7
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Para escribir un conto en só cinco minutos cómpre que consiga -ademais da tradicional pluma e do papel branco, naturalmente- un diminuto reloxo de area, o cal lle dará cumprida información tanto do paso do tempo como da vaidade e inutilidade das cousas desta vida.
"Obabakoak" transporta o lector ao territorio atemporal e infantil dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario irrompe no cotiá. Obaba non existe, non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero o lector axiña atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta.
Ilustración de portada: Marc Taeger

Anterior |

1 |

2 |

3 |

4 |

|