Encontramos 31 libros
Bailar nas nubes

Bailar nas nubes


Vanina Starkoff
48 Páx. 22 x 30 cm.
ISBN: 978-84-8464-742-3
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ata os soños máis remotos se poden facer realidade. Mentres os perseguimos, aprendemos sobre multiculturalidade e convivencia, rodeados do colorido deste álbum que bebe das fontes do folclore latinoamericano.
Motín na Bounty

Motín na Bounty


John Boyne
480 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-87-9
Prezo: 22.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
O capitán William Bligh era un experto en navegar polo Pacífico. En 1787, o Almirantado británico encoméndalle partir cara a Tahití ao mando da Bounty. Entre os pasaxeiros está o mozo John Jacob Turnstile, que embarca como servinte seu para evitar ir ao cárcere. O destino converterao en testemuña privilexiada dun episodio que marcou o devir da Armada inglesa.
O autor achégase a un feito histórico real cunha ollada orixinal que invita á reflexión, presentando un complexo mundo dominado polo poder e pola ambición. Unha novela de aventuras que retrata a disciplinada vida do mar, a lealtade e a traizón.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Milu

Milu


Manuel Rivas
Aitana Carrasco
48 Páx. 24,5 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-735-5
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ela é a voz de moitos nenos e nenas que están en situación de desvantaxe social e non poden gozar do seu dereito a vivir en familia. Un libro solidario que nos lembra que tamén hai lugar para a esperanza.
Amora

Amora


Anxos Garabana
Óscar Villán
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-185-8
Prezo: 13.00 €
No stock

PDF
Conto popular sefardí. Estaba a amora no seu moral, soa e apesarada. Cre a amora que ninguén lle pode facer mal? 
As aventuras da mazá vermella

As aventuras da mazá vermella


Jan Lööf
36 Páx. 19,5 x 26 cm.
ISBN: 978-84-8464-670-9
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un clásico dos nosos días que desprende diversión, ante a picaresca allea, un cúmulo de casualidades pode facer posible o imposible, mesmo que unha falsa mazá se converta na máis apetitosa.
A conxura dos necios

A conxura dos necios


John Kennedy Toole
472 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-50-3
Prezo: 22.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Na sombra proxectada pola viseira verde da gorra, os desdeñosos ollos azuis e amarelos de Ignatius J. Reilly miraban por riba do ombro para as demais persoas que agardaban baixo o reloxo dos grandes almacéns D. H. Holmes, escrutando a multitude...
"A conxura dos necios", galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift: Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el.
Ilustración de portada: Marc Taeger
O poliño da abeleira

O poliño da abeleira


Antonio Rubio
Gabriel Pacheco
32 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-531-3
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Conto popular. O poliño está en apuros e a galiña busca axuda por todos os lados. Texto acumulativo co que os primeiros lectores poderán enumerar a cadea de personaxes que acorren ao poliño.

Anterior |

1 |

2 |

|