Encontramos 45 libros
A estrada

A estrada


Cormac McCarthy
192 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-80-0
Prezo: 18.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un pai e un fillo camiñan sós por un mundo frío, onde apenas nada se move, agás a cinza e a neve no vento. Empurran un carriño pola estrada, van cara ao sur, buscando a salvación. Todo está morto e extinguido ao seu redor e como única protección levan unha pistola para se defender dos bandidos.
Esta é a crónica impactante e conmovedora dunha viaxe de supervivencia nun tempo de futuro sombrío, posterior a unha catástrofe nuclear. O autor novela o mellor e o peor da condición humana, logrando unha obra que colleitou importantes galardóns: Pulitzer de ficción (2007), Premio James Tait Black Memorial (2006) e finalista do National Book Critics Circle (2006).
Ilustración de portada: Marc Taeger
Motín na Bounty

Motín na Bounty


John Boyne
480 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-87-9
Prezo: 22.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
O capitán William Bligh era un experto en navegar polo Pacífico. En 1787, o Almirantado británico encoméndalle partir cara a Tahití ao mando da Bounty. Entre os pasaxeiros está o mozo John Jacob Turnstile, que embarca como servinte seu para evitar ir ao cárcere. O destino converterao en testemuña privilexiada dun episodio que marcou o devir da Armada inglesa.
O autor achégase a un feito histórico real cunha ollada orixinal que invita á reflexión, presentando un complexo mundo dominado polo poder e pola ambición. Unha novela de aventuras que retrata a disciplinada vida do mar, a lealtade e a traizón.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Pan con xamón

Pan con xamón


Charles Bukowski
348 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-72-5
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
"Non tiña amigos na escola, nin falta que me facían. A min reinábame máis andar só. Sentaba nun banco e miraba como xogaban os outros e pensaba que parecían parvos...".
Relato autobiográfico, de estilo directo e descarnado, no que Charles Bukowski narra, da man do seu propio alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e a mocidade. A obra transcorre na cidade norteamericana de Los Angeles durante os anos da Gran Depresión.
Ilustración de portada: Marc Taeger
O corazón do negror

O corazón do negror


Joseph Conrad
148 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-62-6
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Estamos no Congo belga, en plena colonización europea, e Marlow, un veterano mariñeiro inglés, relátanos como remonta o río Congo nun barco vello, rodeado de perigos, para ir á procura de Kurtz, un tratante de almafí perdido no corazón da selva africana.
Nesta narración autobiográfica, que reflicte a corrupción e o horror, atopamos unha viaxe física e psicolóxica ao interior da irracionalidade humana, inspirada nos seis meses que Conrad pasou no Congo colonizado e devastado polo rei Lepoldo II de Bélxica.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Sete casas en Francia

Sete casas en Francia


Bernardo Atxaga
276 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-61-9
Prezo: 19.50 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Chrysostome Liège asinou o contrato para servir na Force Publique do rei Leopoldo a comezos de 1903, e chegou ao seu destino no Congo en agosto do mesmo ano tras viaxar en paquebote de Anveres a Matadi, despois en tren até Léopoldville, e logo ao final nun pequeno vapor, o Princesse Clémentine, deica o destacamento militar de Yangambi.
Narrada con ironía e sarcasmo, con diálogos e bastante movemento de personaxes, esta obra reflicte a faciana monstruosa do ser humano e fainos reflexionar sobre o valor da vida e da morte, sobre a ambición desmedida, a traizón e a paixón.
Ilustración de portada: Marc Taeger
A conxura dos necios

A conxura dos necios


John Kennedy Toole
472 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-50-3
Prezo: 22.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Na sombra proxectada pola viseira verde da gorra, os desdeñosos ollos azuis e amarelos de Ignatius J. Reilly miraban por riba do ombro para as demais persoas que agardaban baixo o reloxo dos grandes almacéns D. H. Holmes, escrutando a multitude...
"A conxura dos necios", galardoada co Premio Pulitzer de ficción en 1981, é unha das novelas póstumas de John Kennedy Toole. O seu título procede dunha cita do clásico Jonathan Swift: Cando no mundo aparece un verdadeiro xenio, podémolo recoñecer por este signo: que os necios se conxuran todos contra el.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Budapest

Budapest


Chico Buarque
164 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-51-0
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Debía estar prohibido escarnecerse de quen se aventura nunha lingua estranxeira. Certa mañá, ao baixar do metro por erro nunha estación azul igual á dela, cun nome semellante á estación da casa dela, telefonei desde a rúa e díxenlle: estou chegando case. Supuxen nese mesmo intre que dixera un disparate, pois a profesora pediume que repetise a oración.
José Costa é un escritor brasileiro que, de retorno dunha convención internacional de escritores anónimos celebrada en Estambul, chega unha noite a Budapest a causa dun problema técnico no avión. Alí queda cativado pola cidade e pola misteriosa lingua dos seus habitantes, "a única lingua do mundo que o demo respecta".
Ilustración de portada: Marc Taeger
Lolita

Lolita


Vladimir Nabokov
452 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-37-4
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A porta do baño iluminado estaba entornada; ademais diso, un resplandor esquelético chegaba dende as lámpadas de fóra a través da persiana veneciana; estes raios entrecruzados penetraban a escuridade do dormitorio e revelaron a seguinte situación: vestida cun dos seus vellos camisóns, a miña Lolita estaba deitada de lado, dándome as costas, no medio da cama. De todas as novelas deste autor, "Lolita" é a máis completa, fascinante e controvertida. Despois de marchar de Rusia e do seu exilio en Berlín, Nabokov trasládase a Estados Unidos, onde se afai á nova vida dun país ao que acabará retratando ironicamente nesta novela.
Ilustración de portada: Marc Taeger
Obabakoak

Obabakoak


Bernardo Atxaga
420 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-36-7
Prezo: 20.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Para escribir un conto en só cinco minutos cómpre que consiga -ademais da tradicional pluma e do papel branco, naturalmente- un diminuto reloxo de area, o cal lle dará cumprida información tanto do paso do tempo como da vaidade e inutilidade das cousas desta vida.
"Obabakoak" transporta o lector ao territorio atemporal e infantil dos soños e da imaxinación, onde o extraordinario irrompe no cotiá. Obaba non existe, non está en ningún mapa, é un lugar máxico, mítico e cheo de supersticións, pero o lector axiña atopa un emprazamento para os 26 relatos dos que consta.
Ilustración de portada: Marc Taeger

Anterior |

1 |

2 |

3 |

|