Encontramos 82 libros
A ratiña presumida

A ratiña presumida


José Antonio López Parreño
Pablo Mestre
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-130-8
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Conto popular. A ratiña de sempre, pero desta vez a súa voz soa a campaíña, e a do can a castañolas, e a do gato a... Un conto para contar e cantar.
Garavanciño

Garavanciño


Olalla González
Marc Taeger
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-682-2
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Conto popular. Fronte ao pequeno tamaño do seu protagonista, destaca a súa grandeza de corazón e de intelixencia; agora volve cunha nova proposta plástica, a base de collage e lapis de cores.
Crocodilo namorado

Crocodilo namorado


Daniela Kulot
32 Páx. 23 x 30 cm.
ISBN: 978-84-8464-288-6
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Este título é o primeiro dunha serie de álbumes protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é aí onde Crocodilo emprega toda a súa maña, co obxectivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa.
Lúa

Lúa


Antonio Rubio
Óscar Villán
16 Páx. 16 x 16 cm.
ISBN: 978-84-8464-541-2
Prezo: 7.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Poema visual recitable, a base de debuxos rimados e ritmados. A lúa e o sol, tan lonxanos e próximos, tecen versos e retrousos dende o ceo ata estas páxinas de cartón.
Orellas de bolboreta

Orellas de bolboreta


Luisa Aguilar
André Neves
32 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-662-4
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas calidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica: autoestima, imaxinación e espontaneidade.
Sacapenas

Sacapenas


Anthony Browne
32 Páx. 25 x 27 cm.
ISBN: 978-84-8464-585-6
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Os sombreiros, os zapatos, as nubes, a chuvia, os paxaros xigantes... Bieito vive amolado polos seus temores, pero a súa avoa ten unha solución. O segredo está nuns bonecos orixinarios de terras lonxanas.
Tío Lobo

Tío Lobo


Xosé Ballesteros
Roger Olmos
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-910-6
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
14 anos despois da súa primeira edición, Roger Olmos volveu recrear este conto tradicional italiano, de inesperado final. Unha proposta desenfadada cun estilo luminoso e brillantes xogos visuais que sorprenderán os lectores.
Rosa Caramelo

Rosa Caramelo


Adela Turin
Nella Bosnia
40 Páx. 21,5 x 27 cm.
ISBN: 978-84-8464-799-7
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras.
P de papá

P de papá


Isabel Minhós Martins
Bernardo Carvalho
32 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-690-7
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un pai é quen de transformarse nas cousas máis incribles para favorecer a relación cos seus fillos: tractor, colchón, espertador, guindastre... Os afectos e o xogo visualízanse neste libro que transmite tenrura.
Amelia quere un can

Amelia quere un can


Tim Bowley
André Neves
36 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-649-5
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Os caprichos de Amelia teñen un tamaño directamente proporcional á súa astucia porque, ante a negativa dos maiores, que mellor estratexia que pedir o imposible? Unha historia de insólitas mascotas a proba de rapaces.
1984

1984


George Orwell
416 Páx. 13,5 x 20,5 cm.
ISBN: 978-84-16721-36-8
Prezo: 19.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.
Ilustración de portada: Adrià Fruitós
Ocultos. Animais extraordinarios
Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas.

Anterior |

1 |

|

3 |

4 |

5 |

6 |

Seguinte