Encontramos 39 libros
A memoria da árbore

A memoria da árbore


Tina Vallès
224 Páx. 13,5 x 20,5 cm.
ISBN: 978-84-16721-40-5
Prezo: 17.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Que os avós vaian vivir con Jan e cos seus pais non resulta ser tan boa noticia. Unha historia entrañable na que as palabras e os silencios adquiren novos matices. Paseos, árbores e letras entretecidos nos recordos.
P de papá

P de papá


Isabel Minhós Martins
Bernardo Carvalho
32 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-690-7
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Un pai é quen de transformarse nas cousas máis incribles para favorecer a relación cos seus fillos: tractor, colchón, espertador, guindastre... Os afectos e o xogo visualízanse neste libro que transmite tenrura.
Ocultos. Animais extraordinarios
Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas.
A orde do día

A orde do día


Éric Vuillard
120 Páx. 13,5 x 20,5 cm.
ISBN: 978-84-16721-23-8
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Houbo empresas que fixeron negocio coa Segunda Guerra Mundial. Aínda hoxe son marcas recoñecidas; usamos os seus produtos. Porque as persoas pasan, mais os grandes capitais perduran.
Pippi Mediaslongas embarca

Pippi Mediaslongas embarca


Astrid Lindgren
Ingrid Vang Nyman
128 Páx. 16 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-423-1
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Que tristes se poñen os seus amigos cando Pippi decide acompañar o seu pai á illa de Korakora. Vilapenela nunca sería igual, ese refuxio de liberdade, xogos e diversión...
Diario de Ana Frank

Diario de Ana Frank


Ana Frank
424 Páx. 13,5 x 20,5 cm.
ISBN: 978-84-16721-25-2
Prezo: 16.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Edición enriquecida dun testemuño fundamental da memoria histórica do Holocausto. Sensible, contraditoria e ante todo vital, a protagonista comparte os seus segredos e vivencias, o medo e a esperanza, mentres o mundo colapsa fóra da 'casa de atrás'.
INVENTARIO ILUSTRADO DE DINOSAUROS
Fascinantes criaturas que habitaron a Terra ata hai 66 millóns de anos -entre o Triásico, o Xurásico e o Cretáceo- amósanse neste libro ata onde a paleontoloxía puido estudar os seus fósiles. Aquí están os últimos achados sobre case medio cento de primitivos réptiles, predecesores das actuais aves.
O CURIOSO MUNDO DE CALPURNIA TATE

O CURIOSO MUNDO DE CALPURNIA TATE


Jacqueline Kelly
352 Páx. 13,5 x 20,5 cm.
ISBN: 978-84-16721-17-7
Prezo: 18.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Fascinada coa ilusión de chegar a ser veterinaria cando sexa maior, Calpurnia vai precisar o seu enxeño para conseguir que os seus soños se fagan realidade nunha época e nun contexto social que lle tiña preparados outros plans para o seu futuro.
Ilustrador de portada: April Ward
Sacapenas

Sacapenas


Anthony Browne
32 Páx. 25 x 27 cm.
ISBN: 978-84-8464-585-6
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Os sombreiros, os zapatos, as nubes, a chuvia, os paxaros xigantes... Bieito vive amolado polos seus temores, pero a súa avoa ten unha solución. O segredo está nuns bonecos orixinarios de terras lonxanas.
A árbore dos soños

A árbore dos soños


Fernando Alonso
Emilio Urberuaga
128 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-371-5
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Porque non é delito escribir, e menos sobre árbores, Huvez solidarízase con outro autor e crea a historia dun bonsai, dunha cerdeira, dunha árbore namorada... Convencerá o xuíz cos seus textos?
Rosa Caramelo

Rosa Caramelo


Adela Turin
Nella Bosnia
40 Páx. 21,5 x 27 cm.
ISBN: 978-84-8464-799-7
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras.
Tomás o bromista

Tomás o bromista


Jorge Rico Ródenas
Anna Laura Cantone
40 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-369-2
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
De crocodilo, de león, de abella... os seus improvisados disfraces non lle fan ningunha graza a ninguén. Bromas rimadas para rir a gargalladas.

|

2 |

3 |

4 |

Seguinte