Encontramos 46 libros
Rosalía de Castro. Escolma poética
Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario 'rosaliano'. Imaxes de contido onírico e simbólico, sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, a vida da paisanaxe, as inxustizas sociais, a saudade, o desacougo interior...
As tres curuxiñas

As tres curuxiñas


Martin Waddell
Patrick Benson
32 Páx. 26 x 21,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-319-7
Prezo: 15.00 €
No stock

PDF
Onde está mamá? Vai volver, di a curuxiña grande. Si, di a mediana. Quero a miña mamá, di a menor de todas. 25 años contemplan esta tenra historia sobre o que senten os nenos cando botan en falta o adulto que os quere e coida deles.
Animais de compañía

Animais de compañía


Manuel Lourenzo González
Óscar Villán
36 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-329-6
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
De boca en boca van por toda a vila os dimes e diretes sobre unhas estranas criaturas recén chegadas nunha caixiña. Un xogo de palabras rimado que sementa a confusión... e a risa! Nova edición dun relato creado hai case 20 anos.
Annus Horríbilis e outros musicais

Annus Horríbilis e outros musicais


Chévere
160 Páx. 16 x 22,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-321-0
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Os textos teatrais de media ducia de obras musicais de Chévere conforman o segundo volume da Biblioteca de Teatro, co drama operístico dos Cunters e dos Tamara como carta de presentación. Xa suman tres décadas sobre os escenarios conservando o seu ton canalla e irreverente.
Álex e o rato de corda

Álex e o rato de corda


Leo Lionni
40 Páx. 22 x 27,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-310-4
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Premiado coa Medalla Caldecott, un clásico sobre a crecente amizade entre dous ratiños, un de verdade e outro mecánico.
Grisela

Grisela


Anke de Vries
Willemien Min
32 Páx. 22 x 22 cm.
ISBN: 978-84-8464-293-0
Prezo: 13.00 €
No stock

PDF
Imaxes coloristas e xoguetonas para esta sinxela fábula que trata sobre a importancia de ser un mesmo. Porque non importa tanto como nos vexan os demais, senón a nosa autoestima.
A árbore xenerosa

A árbore xenerosa


Shel Silverstein
64 Páx. 19 x 25,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-962-5
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Volve un clásico que pregoa a amizade, o coidado do medio ambiente... Tenro e conmovedor, un relato do paso da infancia á idade adulta; unha historia sobre a xenerosidade e o amor sen límites dunha árbore cara a un neno.
Un monstro vén a verme

Un monstro vén a verme


Patrick Ness
144 Páx. 13,8 x 20,5 cm.
ISBN: 978-84-16721-04-7
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
A grave doenza da nai, a difícil relación coa avoa, a distancia que o separa do pai, os problemas na escola... Conor ten que asumir a verdade. Emocionante, divertida e conmovedora, unha novela sobre o amor, a perda e a esperanza.
Idea orixinal: Shiobhan Dowd
Ilustración de portada: Jim Kay
Os tres bandidos

Os tres bandidos


Tomi Ungerer
48 Páx. 20 x 28 cm.
ISBN: 978-84-8464-620-4
Prezo: 15.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Asaltaban carruaxes e atemorizaban os seus pasaxeiros. Menos a unha nena orfa que non lles tivo medo. Un clásico de sempre, sobre a bondade de corazón.
Teño uns pés perfectos

Teño uns pés perfectos


María Solar
(Gustavo A. Rosemffet) Gusti
48 Páx. 15 x 23,5 cm.
ISBN: 978-84-8464-974-8
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Aspirante a ser "o neno máis listo", Melchor terá que demostrar os seus coñecementos sobre os pés. Un libro dentro doutro libro con sorprendentes descubertas sobre esta parte tan importante do noso corpo.
A imaxinación e a expresión artística na infancia
Un estudo pioneiro e vixente sobre o desenvolvemento da imaxinación artística das nenas e dos nenos, especialmente nos campos da literatura, do teatro e do debuxo.
"Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2016"
Unha festa sorpresa

Unha festa sorpresa


Pat Hutchins
32 Páx. 25,5 x 20,3 cm.
ISBN: 978-84-8464-959-5
Prezo: 14.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Ía ser unha festa, pero os amigos de Coello fixéronse ideas moi distintas e estrafalarias sobre aquela sorpresa. Humor e rumor nunha historia que se presta a xogar.

Anterior |

1 |

|

3 |

4 |

Seguinte