Encontramos 1 libros
CUSPIREI SOBRE AS VOSAS TUMBAS

CUSPIREI SOBRE AS VOSAS TUMBAS


Boris Vian
148 Páx. 14,5 x 21 cm.
ISBN: 978-84-96957-08-4
Prezo: 13.00 €

Engadir ao carriñoEngadir ao carriño PDF
Aínda que corre sangue negro polas súas veas, ten a aparencia dun aposto mozo branco, circunstancia que aproveitará para executar a súa cruel vinganza contra unha sociedade opresora, excluínte e marxinadora cos individuos da súa raza, aos que considera inferiores. Seguindo un plan premeditado, participará en orxías onde o sexo e a violencia son a reacción de rebeldía ás convencións morais da época.
Historia sórdida, provocadora e desafiante, debedora da novela negra. A súa publicación, baixo pseudónimo, estivo marcada polo escándalo. De ritmo áxil, linguaxe suxestiva e directa, a intriga e a frialdade do relato atrapan a atención do lector, que verá posta a proba a súa sensibilidade en cada páxina. Saltando todos os límites do politicamente incorrecto, esta obra aporta unha visión diferente e mordaz sobre o fenómeno do racismo, ao tempo que revé a rabia, o odio e a carraxe das súas vítimas.
Ilustración de portada: Marc Taeger