08/08/2015

KALANDRAKA PUBLICA 'ONDE VIVEN OS MONSTROS' EN MAIA

Co título Te' tu'ux ku kajtal le wáayo'obo', KALANDRAKA publicou en maia a obra máis coñecida de Maurice Sendak, Onde viven os monstros. É a primeira vez que un libro do prestixioso autor e ilustrador estadounidense poderase ler nunha lingua orixinaria de América, con tradución de Hilario Chi Canul. O álbum vaise presentar na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (FILIJ) e na Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalaxara, que se celebrarán o vindeiro mes de novembro en México.

Ao conmemorarse este 9 de agosto o Día Internacional dos Pobos Indíxenas, Hilario Chi Canul -profesor e investigador de maia na Universidade de Quintana Roo- lembrou que malia tratarse do segundo idioma autóctono máis frecuente en México, o maia perdeu falantes durante as últimas décadas debido a un proceso de silenciamento interxeracional no ámbito das familias.

Onde viven os monstros xa está publicado en todas as linguas da Península Ibérica; con esta novidosa edición en maia que estará dispoñible en México a partir deste mes de agosto, KALANDRAKA reforza o seu compromiso de ofrecer a todos os lectores a posibilidade de acceder a obras que destacan pola súa calidade artística e literaria.

Publicada orixinalmente en 1963, Onde viven os monstros é un exemplo de álbum ilustrado perfecto, un referente da literatura infantil contemporánea e unha das obras máis vendidas de todos os tempos. Os herdeiros da obra do autor -falecido en 2012- amosaron a súa satisfacción por esta tradución en maia, polo que representa para a proxección e a defensa das linguas vulnerables.

Dende o pasado ano, KALANDRAKA vén recuperando o legado bibliográfico de Maurice Sendak, incluídos varios títulos que permanecían inéditos en galego e mais en castelán: Máis alá da fiestra (Outside over there, 1981) -a súa obra máis persoal- é o título que completa a triloxía de relatos oníricos iniciada con Onde viven os monstros e Na cociña de noite. Chancho-Pancho (Bumble-Ardy, 2011) -na edición en español- foi a súa derradeira creación, na que ironizaba e cuestionaba a sobreprotección familiar.

A estes títulos uníronse recentemente os cinco volumes da serie Osiño, con textos da autora Else Holmelund Minarik, ilustrados por Sendak e publicados orixinalmente entre 1957 e 1968.

11/06/2015

"FERNANDO PESSOA, SELECCIÓN POÉTICA", 3º PREMIO NACIONAL AOS LIBROS DE DIVULGACIÓN MELLOR EDITADOS EN 2014

"Fernando Pessoa, selección poética", traducido por Xosé Ballesteros, ilustrado polo artista luso Pedro Proença e publicado o pasado ano na colección Trece Lúas do selo FAKTORÍA K, vén de ser distinguido co 3º Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2015, no apartado de Obras Xerais e de Divulgación. O xurado valorou 143 títulos clasificados en cinco categorías. Os galardoados polo Ministerio de Cultura vanse expoñer nas feiras internacionais de Liber, Frankfurt e Leipzig.

Trátase dun achegamento á obra dun dos escritores máis singulares do século pasado. Pessoa e os seus heterónimos ―que xurdiron da súa tendencia "á despersonalización e á simulación", en palabras do propio autor― crearon un rico universo de imaxes poéticas, comezando pola rotunda declaración de que "o poeta é un finxidor".

Da devoción de Pessoa polas vangardas destacan composicións que ―como "Hora absurda" ou "Chuvia oblicua"― beben do interseccionismo. Esta selección poética en edición bilingüe castelán/portugués ―publicada tamén noutro volume na súa lingua orixinal― complétase con poemas que asinan Álvaro de Campos, de tipo futurista; Ricardo Reis, de estilo neoclásico; e co selo neopaganista que caracteriza a Alberto Caeiro, o heterónimo principal e mestre dos demais.

Estos textos, que respectan a sintaxe orixinal de Pessoa, complétase cos "collages xeométricos" de Pedro Proença. Adoptando o rol interseccionista do poeta, o deseñador combina aleatoriamente fondos de cores sobre os que traza debuxos, tipografías e recortes de revistas.

Tralo seu paso pola exposición Best Book Design from all over the World (Libros mellor deseñados en todo o mundo) que se celebrará nas feiras internacionais de Frankfurt e Leipzig, "Fernando Pessoa, selección poética" quedará depositado no Museo Alemán do Libro e da Tipografía, radicado nesta última cidade xermana.

10/04/2015

‘Y SE HIZO LA LUZ’, DE MIGUEL CERRO, VIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA

A obra presentada co lema "Y se hizo la luz", do deseñador e ilustrador cordobés Miguel Cerro, foi a gañadora do VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Ao certame presentáronse 340 orixinais procedentes de 20 países, principalmente España, Portugal, Italia, México, Arxentina, ademais de Rusia, Polonia, Tailandia, Malta ou Estados Unidos, entre outros. O álbum galardoado será publicado por KALANDRAKA nas cinco linguas peninsulares e o gañador recibirá 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor.

O xurado destacou que, dende o punto de vista plástico, este traballo sobresae pola súa "coherencia, o estudo minucioso dos personaxes, o colorido e a composición". Este álbum trata sobre "o valor da solidariedade, daquel que sempre axuda os demais e segue crendo no colectivo", así como "o afán de superación e a busca da felicidade inmaterial", explicou o xurado, que tamén valorou "as diferentes interpretacións que resultan da lectura do texto".

Miguel Cerro dedícase profesionalmente á ilustración e ao deseño gráfico dende 2008. Realizou numerosos traballos de deseño, publicidade e ilustración, especializándose en carteles e libros ilustrados. Publicou máis de 10 obras, algunhas das cales recibiron premios e mencións en diversos concursos.

O xurado do VIII Internacional Compostela de Álbum Ilustrado tamén declarou finalista a obra presentada por Ana Rita Pinheiro Marques dos Reis, de Tomar (Portugal), presentada co lema "Anabela, a pinguim friorenta", en formato pop-up ou despregable. Ademais, recibiu unha mención especial o traballo "¿Amigos?", de Anabel Fernández Rey, de Bos Aires (Arxentina).

O VIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado enmárcase na XV Campaña Municipal de Animación á Lectura que, co lema "Ler é voar", se está celebrando ata o vindeiro 9 de maio na Galería Sargadelos.

No xurado do certame participaron o ilustrador Federico Delicado, gañador da sétima edición do Premio Compostela con "Ícaro"; a directora da revista Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil (CLIJ), Victoria Fernández; a profesora e especialista en literatura Gracia Santorum; Manuela Rodríguez, en representación de KALANDRAKA; o xefe do departamento de Educación do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella; e a concelleira de Educación, Teresa Cancelo, xunto coa técnica de Educación Beatriz Varela, en calidade de secretaria.

28/01/2015

"12 POEMAS DE FEDERICO GARCÍA LORCA", PREMIO CUATROGATOS 2015

El libro "12 poemas de Federico García Lorca ilustrados por Gabriel Pacheco" ha sido incluido entre los 20 títulos distinguidos con el Premio Fundación Cuatrogatos 2015. El comité de evaluación ha resaltado que esta obra supone una "maravillosa puerta de entrada -o de reingreso- al universo lírico" del autor granadino.

También ha valorado que las composiciones que conforman esta selección poética, realizada por Antonio Rubio y Manuela Rodríguez, destacan por su "carácter diáfano, su musicalidad y sus vínculos con la poesía popular", y que "poseen un gran potencial para cautivar a lectores infantiles y juveniles".

En cuanto a las ilustraciones del mexicano Gabriel Pacheco, los expertos han señalado que "exploran, con gran belleza y sensibilidad, el lado onírico y simbólico de la poesía lorquiana, creando un entorno mágico en el que personajes, escenarios y tonalidades amplifican las resonancias de los versos".

Otro poemario, "Gorigori" (VI Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños), de María Jesús Jabato, ha sido finalista de esta convocatoria.

Además, los especialistas de la Fundación Cuatrogatos han elegido otros 80 libros recomendados, que cuentan con "Elefante, un guisante", de Rafael Ordóñez y Marc Taeger; "A mares", de María Jesús Jabato y Rocío Martínez; y "Las tres princesas pálidas", de MaríA JOsé Martín Francés y Carole Hénaff.

Creada por los escritores Sergio Andricaín y Antonio Orlando Rodríguez, esta fundación radicada en Miami se dedica a "trabajar a favor de la cultura y la educación", con el objetivo de promover la investigación y el estudio de la producción editorial en español, destinada al público infantil y juvenil.

Un equipo multidisciplinar formado por profesionales de diversos ámbitos -filología, educación, periodismo, sociología, bibliotecología, teatro- ha analizado una amplia muestra de publicaciones en español procedentes de editoriales de Iberoamérica y Estados Unidos.

Finalmente, han sido elegidos 20 libros "altamente recomendados por sus valores literarios y plásticos" que la Fundación Cuatro Gatos contribuirá a difundir entre hogares, escuelas, bibliotecas "y otros espacios donde se propicie el encuentro de los jóvenes lectores con obras de la mayor calidad".

13/01/2015

O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O VIII PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DOTADO CON 9.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e Kalandraka Editora convocan o VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 9.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o vindeiro 6 de marzo de 2015 e o fallo do xurado darase a coñecer durante a primeira quincena de abril, no marco do Mes del Libro e das actividades da XV Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago.

Ao VIII Premio Internacional Compostela poden optar autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas, escritas en calquera lingua oficial da Península Ibérica.As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta rematada de todo o proxecto.

Os proxectos poderán presentarse en calquera tamaño, técnica e formato; a extensión non deberá superar as 40 páxinas interiores (sen contar gardas nin cubertas). O material, asinado baixo lema ou seudónimo, e cos datos persoais dos participantes incluídos nun sobre pechado, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4, 15705 Santiago de Compostela).

Kalandraka publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- en outubro de 2015. A editorial poderá publicar tamén os traballos que reciban unha mención especial. O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio no eido da literatura e da ilustración infantil.

As bases completas de participación no VIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados poderán consultarse nas páxinas web de Kalandraka (www.kalandraka.com) e do Concello de Santiago (www.santiagodecompostela.org).

OBRAS PREMIADAS EN ANTERIORES EDICIÓNS

A gañadora da primeira edición do Premio Internacional Compostela -á que se presentaron 335 traballos- foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora da obra titulada "Cerca". Na seguinte convocatoria -á que optaban 280 aspirantes- o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por "Un gran soño". O autor Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa foron distinguidos na terceira edición polo libro "A familia C", na que competiron 519 propostas. O uruguaio Martín León Barreto gañou a cuarta convocatoria co álbum "A viaxe de Olaf", seleccionado entre 374 traballos. Seguiulle "Bandada", dos mexicanos Julia Díaz e David Álvarez, escollido entre 256 orixinais de 19 países. Na sexta edición, á que concorreron 374 traballos de 21 países, a obra elixida foi "Mamá", da arxentina Mariana Ruiz Johnson. De 21 países viñeron tamén os 255 álbums presentados á convocatoria do pasado ano, na que foi premiado "Ícaro", de Federico Delicado.

A convocatoria deste certame enmárcase na Campaña de Animación á Lectura que organizan anualmente, polo mes de abril, o Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. As actividades programadas -sesións de contos e música para público infantil e familiar, obradoiros escolares de ilustración e de escrita creativa, contacontos para pre-lectores, charlas para docentes, nais e pais, exposición de ilustracións- chegan a máis de 5.000 nenos e nenas da bisbarra compostelá.

MÁIS INFORMACIÓN:

● CONCELLO DE SANTIAGO. DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN: Tlf. 981 554 400 | dptoeducacion@remove-this.santiagodecompostela.org 

● KALANDRAKA EDITORA: Tlf. 986 860 276 | premiocompostela@remove-this.kalandraka.com

[Autor da imaxe gráfica do certame, Óscar Villán]

Mostrando resultados 6 a 10 de 117