Os primeiros títulos de KALANDRAKA BRASIL xa están nas librarías, bibliotecas e fogares dese país, e pronto chegarán tamén ás escolas: “Grão de milho”, da galega Olalla González e do suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger, “A zebra Camila”, dos galegos Marisa Núñez e Óscar Villán, “O leão Kandinga”, do camerunés Boniface Ofogo e da zaragozana Elisa Arguilé, e as dúas obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, “Perto”, da arxentina Natalia Colombo, e “Um grande sonho”, do mexicano Felipe Ugalde.
A colección de narrativa de FAKTORÍA K, selo editorial de KALANDRAKA, vén de incorporar este mes como principal novidade a novela titulada “A estrada”, do escritor norteamericano Cormac McCarthy. É a primeira vez que un libro deste destacado autor se publica en galego; Eva Almazán é a tradutora desta obra, galardoada co Premio Pulitzer de Ficción en 2007, co Premio James Tait Black Memorial en 2006 e finalista, nese mesmo ano, do Premio National Book Critics Circle.
COMEZA A DISTRIBUCIÓN DO NÚMERO 0 DO XORNAL ESCOLAR 'O CARTAFOL DO LÉREZ'Os centros escolares de Pontevedra que participaron na campaña de animación lectora O Cartafol do Lérez comezan a recibir hoxe o número cero do xornal escolar que recolle unha escolma dos traballos elaborados polos alumnos e alumnas nos obradoiros de escrita creativa que se realizaron nos CEIP de Barcelos, Vilaverde-Mourente, Cabanas-Salcedo, Manuel Vidal Portela, San Bieito de Lérez, San Martiño-Salcedo e Froebel. Editáronse 2.000 exemplares desta publicación, que tamén se pode consultar na páxina de Internet www.ocartafoldolerez.org.
MANUEL RIVAS E AITANA CARRASCO SON OS CREADORES DUN ÁLBUM SOLIDARIO DEL QUE DOA UN 10% DAS VENDAS PARA ACCIÓNS A PROL DA INFANCIA
A Fundación Meniños é a promotora da publicación de “Milu”, un álbum infantil escrito por Manuel Rivas, con ilustracións de Aitana Carrasco e publicado por KALANDRAKA, que pretende amosar a situación dos nenos e nenas en situación de desvantaxe social. A editorial doa o 10% das vendas deste ‘libro solidario’ para que Meniños desenvolva accións de axuda á infancia. Malia que Milu é a voz de moitos menores que non poden gozar do seu dereito a vivir en familia, na súa historia tamén se reflicte a esperanza.
O xurado dos Mellores Libros para Nenos e Mozos 2010 do Banco do Libro de Venezuela escolleu catro títulos de KALANDRAKA entre os máis destacados da literatura infantil e xuvenil a nivel internacional. Trátase da trixésima edición deste premio, un dos máis importantes do sector no ámbito de fala hispana. “A viaxe do bisavó”, de Marta Farias e Aitana Carrasco, foi galardoado na categoría de “obra orixinal” para nenos. Neste mesmo apartado tamén foi distinguido “Discurso del oso”, editado en castelán por Tecolote e Libros del Zorro Rojo, que KALANDRAKA publicou en galego, portugués e italiano.
EXPOSICIÓN DE ILUSTRACIÓNS NA GALERÍA SARGADELOS DE SANTIAGOA Galería Sargadelos acolle unha exposición de ilustracións realizadas por artistas plásticos galegos como Óscar Villán e Pablo Otero, e outros de procedencia internacional, como os mexicanos Felipe Ugalde e Gabriel Pacheco, o arxentino Gustavo Rosemffet ‘Gusti’ e o suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger, aos que se une o traballo da valenciana Aitana Carrasco. As súas obras forman parte dos libros incluidos na X Campaña de Animación á Lectura ‘Un gran soño’, organizada polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. A mostra, que se pode ver ata o 22 de maio en horario comercial, complétase cunha sala completa adicada á obra do autor e ilustrador Leo Lionni, do que se acaban de cumprir 100 anos do seu nacemento.
PRESENTACIÓN DE 'MILU', DE MANUEL RIVAS E AITANA CARRASCO, UN LIBRO SOLIDARIO COA FUNDACIÓN MENIÑOSA Convención sobre os Dereitos da Infancia recoñece que todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar nunha familia. Sen embargo, en España hai máis de 15.000 rapaces que carecen dese dereito e viven en centros de menores, moitos deles sen apenas contacto coas súas familias biolóxicas. Nos seus 14 anos de traxectoria, a Fundación Meniños atendeu unhas 6.000 familias e uns 9.000 menores, dos cales un milleiro pertencen ao balance de actuacións do pasado ano. Como dixo Manuel Rivas na presentación de “Milu”, a Fundación Meniños é “un lugar onde se produce harmonía, un lugar de rescate, de esperanza”.
A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA “O CARTAFOL DO LÉREZ” PLASMARÁ NUN XORNAL IMPRESO E DIXITAL A ACTIVIDADE DE DIVERSOS OBRADOIROSA Concellería de Educación de Pontevedra e KALANDRAKA van pór en marcha do 3 ao 7 de maio a Campaña de Animación á Lectura “O Cartafol do Lérez”, dirixida a escolares de 10 e 11 anos de idade pertencentes ao 3º ciclo de Educación Primaria dos centros públicos do municipio. Entre as actividades que se desenvolverán destaca a edición dun xornal impreso co nome da campaña, que terá tamén versión dixital en Internet, cuxos contidos van ser os traballos que realicen os alumnos e alumnas nos obradoiros propostos, de escrita creativa, de creación poética e de oralidade.
A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO CONCELLO DE SANTIAGO ACADA A DÉCIMA EDICIÓN APOIANDO A EDUCACIÓN DOS ESCOLARES
A Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, en colaboración coa Galería Sargadelos, cumpre unha década ao servizo da comunidade escolar e educativa da bisbarra compostelá. Co lema “Un gran soño”, que non só é o título da obra galardoada co II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, senón tamén a expresión do camiño percorrido nestas dez edicións, a Campaña vólcase un ano máis en desenvolver actividades gratuitas para escolares, educadores, bibliotecarios e promotores da lectura, público familiar e, por primeira vez, prelectores e futuros creadores artísticos. A programación durará ata o 22 de maio na Galería Sargadelos, nas escolas infantís de Conxo, As Fontiñas, San Roque e Polígono do Tambre, e tamén no IES de Sar.
A obra titulada “La Familia C”, con texto de Pep Bruno (Barcelona, 1971) e ilustracións de Mariona Cabassa (Barcelona, 1977), é a gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O galardón, cunha dotación de 12.000 euros, conleva a publicación do libro en galego, castelán, catalán, euskera e portugués. Os traballos do catalán Raimon Juventeny Corberó, “Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos”, e da arxentina Vanina Soledad Starkoff, “Bailar en las nubes”, son os finalistas do certame.
'O LEÓN KANDINGA' FOI UN DOS PREMIADOS POLA FUNDACIÓN COREANA DE CULTURA“O león Kandinga”, de Boni Ofogo e Elisa Arguilé, editado por KALANDRAKA, foi un dos gañadores da segunda edición do concurso internacional CJ Picture Awards na categoría de Novas Publicacións. Neste apartado competían 635 libros de 39 países. A organización do certame vén de participar na Feria Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, cun stand no que amosou as obras premiadas.
KALANDRAKA PRESENTA O PREMIO COMPOSTELA NA FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE BOLOÑAEn galego, en castelán, en català, en euskara, en portugués, en italiano, en inglés... Sete linguas para sete camiños; os sendeiros polos que transitan, voan e navegan as obras galardoadas co Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. KALANDRAKA presentou na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña este certame, cuxa terceira edición se fallará o vindeiro 6 de abril en Santiago cun xurado de prestixio.
DOUS NOVOS TÍTULOS DA COLECCIÓN MAKAKIÑOS CONTRIBÚEN A MELLORAR A AUTONOMÍA E A INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON AUTISMOKALANDRAKA e BATA (Baión Asociación de Tratamento do Autismo, con sé en Vilanova) crearon unha nova liña na súa colección de libros de fácil lectura, dirixida a persoas con necesidades educativas especiais. “Nicolás va de compras” e “Nicolás cocina sin fuego”, que levan o selo Makakiños día a día e están ilustrados pola artista pontevedresa Alicia Suárez, son materiais complementarios -de coñecemento e experimentación- que axudarán no desenvolvemento da súa autonomía persoal e da súa intercomunicación co contorno ás persoas con Autismo, Disfasia, Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.
KALANDRAKA E FAKTORÍA K CONVÉRTENSE NUNHA SOA EMPRESA EDITORIAL
KALANDRAKA e FAKTORÍA K DE LIBROS veñen de formalizar a súa fusión, converténdose nunha soa empresa e formando unha das editoras máis importantes de Galicia, tanto polo seu capital social como polo seu fondo bibliográfico.
“A araña e mais eu”, con texto de Fran Alonso e imaxes de Manuel G. Vicente, editado por KALANDRAKA en galego, castelán, portugués e inglés, vén de ser distinguido co Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil e xuvenil na V Noite da Edición, organizada pola Asociación Galega de Editores. Fran Alonso e o editor Xosé Ballesteros recolleron o galardón nunha gala celebrada no Liceo de Ourense.
KALANDRAKA e a editorial brasileira Callis asinaron un acordo para crear o selo KALANDRAKA BRASIL, co que aspiran a converterse nun referente na edición de álbums ilustrados de calidade para os lectores dese país. Ao longo de 2010 publicaranse os primeiros dez títulos, entre os que figuran as obras gañadoras do Premio Internacional Compostela: “Cerca”, de Natalia Colombo, e “Un gran soño”, de Felipe Ugalde, ás que se sumará o traballo que resulte galardoado o vindeiro mes de abril na terceira edición do certame.
O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O III PREMIO COMPOSTELA, DOTADO CON 12.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO A NIVEL INTERNACIONALO Departamento de EDUCACIÓN do CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA convocan o III Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro de 2010 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA.
FELIPE UGALDE VIAXA POR PRIMEIRA VEZ A GALICIA PARA RECOLLER O II PREMIO COMPOSTELA POLA OBRA TITULADA “UN GRAN SOÑO”O autor e ilustrador Felipe Ugalde (México, 1962) vén de recoller en Santiago o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, cunha dotación económica de 12.000 euros, pola obra titulada “Un gran soño”. Na súa primeira viaxe a Galicia, Ugalde tamén mantivo un encontro con alumnos e alumnas de Bacharelato Artístico do IES de Sar, cos que compartiu a súa experiencia na creación deste traballo.
KALANDRAKA MÉRCALLE OS DEREITOS A UNHA EDITORIAL CHINESA PARA PUBLICAR UN LIBRO DESTINADO A PRIMEIROS LECTORESKALANDRAKA, a través do selo FAKTORÍA K, formalizou un acordo coa editorial china New Century Publishing -filial do Guangdong Provincial Publishing Group- para editar en España a obra para primeiros lectores titulada “Luz de lúa”. No acto protocolario, celebrado na 61ª Feira do Libro de Frankfurt, na que China é o país invitado, participaron o presidente da editorial chinesa, Chen Ruijun, o gobernador de Guangdong, e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros.
"SÓ UN SEGUNDO" CHEGA AOS MERCADOS EDITORIAIS DE FRANCIA E AUSTRALIA“Só un segundo”, o álbum de Silvio Freytes e Flavio Morais, lese tamén en Francia e mais en Australia. As editoriais Le Rouergue e Wilkins Farago traducírono a francés e inglés, respectivamente. KALANDRAKA segue traballando na súa internacionalización e na proxección exterior da obra dos autores e ilustradores.
KALANDRAKA APOIA AOS NENOS E NENAS VÍTIMAS DO TERREMOTO NA REXIÓN ITALIANA DE ABRUZZOKalandraka vai colaborar na posta en marcha dunha biblioteca temporal na rexión italiana de Abruzzo afectada polo terremoto do pasado mes de abril. A iniciativa, denominada “Páxinas en xogo”, está impulsada pola XXXVIII Conferencia Internacional da Asociación Internacional de Bibliotecarios Escolares (International Association of School Librarianship-IASL), que por primeira vez se celebrará en Italia, concretamente na cidade de Padua, do 1 ao 4 de setembro.
Dous estudantes de arte italianos van desenvolver senllos proxectos de ilustración con KALANDRAKAKALANDRAKA ITALIA vai colaborar no proxecto “Ars in fabula”, o Master de Ilustración para a Edición organizado pola Accademia di Belle Arti da cidade de Macerata (Marche). Mediante esta colaboración, dous estudantes traballarán en senllos proxectos da editorial.
KALANDRAKA PERCORRERÁ NOVE CONCELLOS GALEGOS COAS SESIÓNS DE CONTOS E MÚSICA, OS OBRADOIROS DE ESCRITA E ORALIDADE, E AS EMISIÓNS RADIOFÓNICAS DE “PALABRAS NO AR”Todas as actividades da campaña pódense seguir diariamente na web www.palabrasnoar.org
OS ‘LIBRI PER SOGNARE’ DE KALANDRAKA ESTARÁN EN PISA (ITALIA)KALANDRAKA participará, do 9 ao 11 de outubro, na Pisa Book Junior, o pabellón infantil que se organiza por primeira vez no marco da Feira de Editores Independentes de Pisa (Toscana).
A INFANTA ELENA VISITOU A CASETA DE KALANDRAKA NA INAUGURACIÓN DA FEIRA DO LIBRO DE MADRIDNa inauguración da Feira do Libro de Madrid, esta mañá no Parque do Retiro, a infanta Elena visitou a caseta de KALANDRAKA, onde foi obsequiada co Premio Internacional ‘Ciudad de Orihuela’ de Poesía para Nenos “El secreto del oso hormiguero” e o Premio Nacional de Ilustración “O coelliño branco”, adicado polo seu autor, Xosé Ballesteros.
A Asociación Scioglilibro organiza en Florencia un ciclo de lecturas dos 'Libri per Sognare'Este sábado 23 de maio, en Florencia (Italia), comeza un ciclo de lecturas en voz alta e encontros literarios organizado pola Asociación Scioglilibro. Esta iniciativa de promoción do libro infantil, que se prolongará ata o 20 de xuño, xirará en torno aos 'Libri per Sognare' de KALANDRAKA.
PREMIOS EN BRASIL PARA “O PINTINHO DA AVELÃZEIRA” E “TIO LOBO”A Fundación Nacional do Libro Infantil e Xuvenil (FNLIJ) de Brasil, pertencente á Asociación Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (nas súas siglas en inglés, IBBY, de International Board on Books for Young People), vén de concederlle a “O Pintinho da avelãzeira” e “Tio Lobo” o Premio Altamente Recomendável FNLIJ/2009, pola súa tradución, a cargo da editorial Callis.
BIBLIOTECAS ESCOLARES, CON JUANA VÁZQUEZ, EN SANTIAGO
“Biblioteca escolar: un espazo con adxectivo” é o título da charla que impartiu a profesora Juana Vázquez Silva, no marco da IX Campaña Municipal de Animación á Lectura “Lendo Máis Cerca”, que organizan a Concellaría de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA.
A Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16) acolle ata o 16 de maio a exposición “Lendo máis Cerca”, con ilustracións de artistas nacionais e internacionais entre os que figuran o galego Pablo Otero, o suizo afincado en Galicia Marc Taeger, as arxentinas Natalia Colombo e Rebeca Luciani, e os portugueses Yara Kono e Gémeo Luis. A mostra enmárcase na IX Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan a Concellaría de Educación do Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA.
O MEXICANO FELIPE UGALDE GAÑA O II PREMIO COMPOSTELA CUN ÁLBUM DE GRAN RIQUEZA ESTÉTICA, LITERARIA E TÉCNICA
O ITALIANO TOMMASO NAVA FOI FINALISTA E A ARXENTINA CECILIA AFONSO RECIBIU A MENCIÓN ESPECIAL
O ilustrador mexicano Felipe Ugalde proclamouse gañador da segunda edición do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados cunha obra da que o xurado destacou a súa gran riqueza técnica, estética e literaria. Por este proxecto, presentado co lema “Sueños de grandeza”, o autor recibirá 12.000 euros e o libro publicarase a finais deste ano nas cinco linguas peninsulares.
A Granxa de Briz, en Marín, acollerá este luns día 5 de xaneiro, véspera de Reis, a partir das 12:00 horas, a presentación do álbum infantil titulado “Garavanciño”, publicado por KALANDRAKA. A autora da adaptación, a marinense Olalla González, contará o conto mentres o ilustrador Marc Taeger debuxa os personaxes e os espazos nos que transcorre a historia. A sesión rematará cun obradoiro de plástica creativa.
O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN O II PREMIO COMPOSTELA, DOTADO CON 12.000 EUROS AO MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO A NIVEL INTERNACIONALO Departamento de EDUCACIÓN do CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA convocan o II Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos remata o 28 de febreiro e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril de 2009, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da IX Campaña de Animación á Lectura que organizan o CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA.
KALANDRAKA CLAUSURA ESTA TARDE 'CANTAR E CONTAR' EN CARBALLO, CON CONTOS E MÚSICA PARA FAMILIASA campaña de fomento do galego “Cantar e contar: ler na nosa lingua” que se celebra en Carballo, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a editorial KALANDRAKA, chega esta tarde ao seu remate cunha sesión especial de contos e música dirixida ao público familiar, a partir das 18:30 horas no Pazo da Cultura.
OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER PRESENTAN "GARAVANCIÑO" EN LIBROS PARA SOÑARLIBROS PARA SOÑAR acollerá mañá a partir das 18:30 horas a presentación do álbum infantil titulado “Garavanciño”, publicado por KALANDRAKA. A autora da adaptación, a marinense Olalla González, contará o conto mentres o ilustrador Marc Taeger debuxa os personaxes e os espazos nos que transcorre a historia. A sesión rematará cun obradoiro de plástica creativa e os debuxos dos nenos servirán para decorar a libraría durante todo este mes.
O PAZO DA CULTURA DE CARBALLO CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA “CANTAR E CONTAR”O Pazo da Cultura de Carballo acolle ata o día 8 de xaneiro a exposición das ilustracións dos contos que forman parte da campaña “Cantar e contar: ler na nosa lingua”, que KALANDRAKA leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
KALANDRAKA E FAKTORÍA K ACODEN Á FEIRA INTERNACIONAL DO LIBRO DE GUADALAJARAKALANDRAKA e FAKTORÍA K inician mañá a súa participación na Feira Internacional do Libro (FIL) de Guadalajara (México), na que por primeira vez ocuparán un stand de 18 metros cadrados a través do seu novo selo ‘Libros para Soñar’. Entre as accións previstas, KALANDRAKA promocionará a obra titulada “Cerca”, de Natalia Colombo, gañadora do I Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Tamén se divulgarán os cinco títulos de ‘Libros para Soñar’ seleccionados pola Secretaría de Educación Pública de México (SEP) para formar parte do seu Plan Nacional de Lectura.
KALANDRAKA PORÁ O COLOFÓN ÁS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN QUE POLÍTICA LINGÜÍSTICA REALIZARÁ EN CARBALLO ATA FIN DE ANOA campaña “Cantar e contar: ler na nosa lingua” que KALANDRAKA levará a cabo no Pazo de Cultura de Carballo do 1 ao 18 de decembro será o colofón ás actividades de animación e fomento do galego que a Secretaría Xeral de Política Lingüística impulsa neste concello ata fin de ano.
A CAMPAÑA 'CANTAR E CONTAR' COMEZA ESTE LUNS EN VILAGARCÍA“Cantar e contar: ler na nosa lingua” é unha campaña de fomento do galego elaborada por KALANDRAKA EDITORA para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se desenvolverá en Vilagarcía do 10 ao 26 de novembro. Está dirixida a escolares de 4 a 11 anos pertencentes aos centros educativos locais, que participarán en sesións de contos e música, e obradoiros de escrita creativa. A Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro ofrecerá un espazo de lectura e unha exposición de ilustracións e elementos orixinais da cultura popular.
O CARVALHO CALERO DE FERROL CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑAO Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol acolle ata o día 5 de novembro a exposición das ilustracións dos contos que forman parte da campaña “Cantar e contar: ler na nosa lingua”, que KALANDRAKA leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais das visitas que realizan os grupos de alumnos en horario escolar, a mostra de arte tamén está aberta ás visitas do público en xeral no horario de apertura do centro, de 10 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
KALANDRAKA INICIA EN FERROL UNHA CAMPAÑA ESCOLAR PARA POTENCIAR O GALEGO“Cantar e contar: ler na nosa lingua” é unha campaña de fomento do galego elaborada por KALANDRAKA EDITORA para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se desenvolverá en Ferrol, no Centro Cultural Carvalho Calero do 20 de outubro ao 5 de novembro. Está dirixida a escolares de 4 a 11 anos pertencentes aos centros educativos da cidade, que participarán en sesións de contos e música, e obradoiros de escrita creativa. Tamén terán un espazo de lectura e unha exposición de ilustracións e elementos orixinais da cultura popular.
Natalia Colombo recibe o I Premio Compostela por 'Cerca', do que se fixo unha tiraxe de 20.000 exemplares en sete linguasA autora e ilustradora arxentina Natalia Colombo recolleu de mans do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o I Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, que ten unha dotación económica de 12.000 euros. A obra galardoada, titulada “Cerca”, está editada por KALANDRAKA, que fixo unha tiraxe global de 20.000 exemplares en sete linguas: galego e castelán, con 4.000 e 6.000 unidades respectivamente, máis catalán, euskera, portugués, inglés e italiano, ademais dunha versión en castelán para América Latina que se distribuirá a través do seu selo mexicano Libros para Soñar.
KALANDRAKA COLABORA CON POLÍTICA LINGÜÍSTICA NUNHA CAMPAÑA PARA POTENCIAR O GALEGO EN CATRO CONCELLOS“Cantar e contar: ler na nosa lingua” é unha campaña de fomento do uso da lingua galega elaborada por KALANDRAKA EDITORA para a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Esta campaña artéllase fundamentalmente arredor de dous eixos: a tradición e a oralidade. Está dirixida a rapaces de 4 a 11 anos, que poderán disfrutar con sesións de contos e música e obradoiros de escrita creativa, ademais dun espazo de lectura e outro de exposición de ilustracións e elementos orixinais.
KALANDRAKA E FAKTORÍA K REFORZAN A SÚA PRESENZA NO MERCADO ASIÁTICO COA ASISTENCIA Á FEIRA DE TIANJIN E ACTIVIDADES NO CERVANTES DE TOKIORepresentantes de KALANDRAKA e FAKTORÍA K atópanse xa na cidade de Tianjin para participar nunha nova edición da Feira Internacional do Libro de China que se celebrará do 1 ao 4 de setembro. Ambas editoriais buscan reforzar os seus lazos co mercado asiático, non só na exportación de libros, senón tamén na súa tradución, que no caso de KALANDRAKA xa se materializou con obras como “Renato”, “Paxaros na cabeza” ou “Avós”, esta última do galego Chema Heras.
KALANDRAKA PRESENTA EN MÉXICO O SEU NOVO SELO “LIBROS PARA SOÑAR”O ‘Museo de la Ciudad’ de Querétaro acolle unha exposición de ilustradores galegos
GREENPEACE E KALANDRAKA PRESENTAN UN LIBRO DE ROCÍO MARTÍNEZ SOBRE A HISTORIA DO RAINBOW WARRIORUn “Libro Amigo dos Bosques” para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente
O ILUSTRADOR ALICANTINO PABLO AULADELL PRESENTA 'A CASIÑA DE CHOCOLATE'O álbum titulado “A casiña de chocolate”, editada por KALANDRAKA con motivo do décimo aniversario da editorial, a partir do conto orixinal dos irmáns Grimm e con ilustracións do artista alicantino Pablo Auladell, presentarase mañá a partir das 18:30 horas no Centro Municipal das Artes (Praza de Quijano, 2), situado no casco vello de Alicante.
KALANDRAKA PRESENTA NA SEMANA DAS LETRAS A PRIMEIRA TRADUCIÓN DE CORTÁZAR EN GALEGO PARA NENOSKALANDRAKA celebra o Día das Letras Galegas e a semana na que se inscribe esta data co lanzamento da primeira tradución ao galego de Julio Cortázar para público infantil. “Discurso do oso”, con ilustracións de Emilio Urberuaga e publicado tamén en portugués, é un relato que pertence ao libro “Historias de cronopios y de famas”, onde o autor arxentino reúne unha serie de relatos imposibles, co humor surrealista que caracteriza o seu estilo narrativo.
'O NENO QUE APRENDEU A VOAR', MENCIÓN ESPECIAL NO PREMIO NACIONAL DE ILUSTRACIÓN EN PORTUGAL“O neno que aprendeu a voar”, ilustrado por José Miguel Ribeiro, obtivo unha mención especial na 12ª edición do Premio Nacional de Ilustración en Portugal. A obra, publicada en galego e castelán por KALANDRAKA a partir da versión orixinal editada en portugués por Dom Quixote, destaca por “un desafiante xogo de perspectivas e unha secuenciación narrativa ben lograda”, segundo o xurado.
KALANDRAKA CELEBRA EN PONTECESO A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS COA CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA ‘CANTAR E CONTAR’A Casa dos Veciños da Asociación Cultural ‘Monte Branco’ de O Couto, en Ponteceso, acollerá a partir de mañá e ata o 18 de maio a Campaña de Animación á Lectura “Cantar e Contar”, na que participa KALANDRAKA coa colaboración da Área de Normalización Lingüística da Deputación Provincial da Coruña. Esta actividade, que se enmarca no programa “Festiletras”, co gallo do Día das Letras Galegas, constará de sesións de contos e música para escolares de tres a oito anos, así como visitas guiadas á exposición de ilustracións orixinais coa que se complementará a campaña.
MAÑÁ CLAUSÚRASE EN SANTIAGO A CAMPAÑA "O ECO DA MEMORIA"A Galería Sargadelos acollerá mañá, día 26, a partir das 12:00 horas, a clausura da VIII Campaña de Animación á Lectura ‘O eco da memoria’, organizada pola Concellaría de Educación de Santiago e KALANDRAKA. Consistirá nunha sesión especial de contos e música tradicional galega dirixida a público familiar, á que se sumará a actuación da Banda Municipal de Música de Santiago.
A FEIRA DO LIBRO DE CASTELA-A MANCHA ENTREGARÁ ESTE DOMINGO A KALANDRAKA O PREMIO AO LABOR EDITORIALKalandraka recollerá este domingo en Cuenca o Premio ao Labor Editorial que entrega anualmente a organización da Feira do Libro e da Lectura de Castela-A Mancha.
LIBROS PARA SOÑAR CELEBRA MAÑÁ POLA TARDE O SEU SÉTIMO ANIVERSARIO CUNHA SESIÓN ESPECIAL DE CONTOSLIBROS PARA SOÑAR celebrou este pasado Día do Libro o seu sétimo aniversario e celebrarao mañá venres, a partir das 18:30 horas na súa sesión semanal de animación á lectura, cunha festa especial de contos, música e doces.
KALANDRAKA COMPROMÉTESE COA DELEGACIÓN DA XUNTA EN ARXENTINA A FOMENTAR A PRESENZA DO LIBRO GALEGO NESE PAÍSKALANDRAKA celebra este 23 de abril -Día do Libro- participando na XXXIV Feira Internacional do Libro de Bos Aires, onde o director da editorial, Xosé Ballesteros, se reuniu por primeira vez coa gañadora do I Premio Compostela para Álbums Ilustrados, Natalia Colombo. Durante a súa estadía nesta capital, tamén mantivo unha entrevista coa delegada da Xunta en Bos Aires, María Xosé Porteiro, coa que se comprometeu a desenvolver accións encamiñadas a que o libro galego incremente a súa presenza en Arxentina.
CHARLA PARA FAMILIAS SOBRE ANIMACIÓN Á LECTURA NO FOGARA editorial KALANDRAKA e a Concellaría de Educación de Santiago organizan mañá pola tarde, a partir das 19 horas na Escola Infantil Municipal das Fontiñas, unha charla para pais e nais sobre estratexias de animación á lectura no ámbito familiar, especialmente para futuros pais e nais.
A GALERÍA SARGADELOS DE SANTIAGO ACOLLE UNHA MOSTRA DE ILUSTRACIÓNS NO MARCO DA CAMPAÑA 'O ECO DA MEMORIA'Ata o 19 de maio pódense contemplar na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16) as ilustracións orixinais que compoñen a exposición “O eco da memoria”, título da ‘VIII Campaña de Animación á Lectura’ que organizan a Concellería de Educación e Kalandraka. Unha exposición de artistas internacionais formada pola obra da ilustradora galega Alicia Suárez, o extremeño Miguel Tanco e o suizo -afincado en Galicia- Marc Taeger. A mostra complétase cunha sala de instrumentos tradicionais e obxectos recuperados da vida cotiá na Galicia do século pasado.
A ARXENTINA NATALIA COLOMBO GAÑA O I PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA COA OBRA "CERCA"Javier Sobrino e Rebeca Luciani quedan finalistas co álbum “La nube de Martín”
COMEZA EN SANTIAGO A VIII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 'O ECO DA MEMORIA'A Concellaría de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka, no ano do seu décimo aniversario, en colaboración coa galería Sargadelos, inauguran a VIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema “O eco da memoria”.
“O SORRISO DE DANIELA”, PUBLICADO POR KALANDRAKA, OBTÉN A DISTINCIÓN ‘THE WHITE RAVENS 2008’No ano do seu décimo aniversario, a editorial incorpora o seu oitavo título a esta lista de honra
MIGUEL CALATAYUD PRESENTARÁ “AL PIE DE LA LETRA” O DÍA 13 NO MUSEO REINA SOFÍAA Libraría La Central, do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, en Madrid, acollerá o vindeiro xoves día 13 de marzo, ás 19:00 horas, a presentación do álbum titulado “Al pie de la letra”, do ilustrador alicantino Miguel Calatayud. No acto, ademais do artista, participarán o crítico literario Gustavo Puerta e o editor Xosé Ballesteros.
A AUTORA LUISA AGUILAR CONTARÁ “ORELLAS DE BOLBORETA” EN LIBROS PARA SOÑAR“Orellas de bolboreta” é un dos novos álbumes ilustrados que a editorial KALANDRAKA publicará nos próximos días. A súa autora, Luisa Aguilar, presentará en primicia esta obra na visita que vai realizar esta tarde -a partir das 18:30 horas- a LIBROS PARA SOÑAR, onde vai contar o seu conto. A sala de animación á lectura da libraría acolle tamén durante todo este mes de marzo as ilustracións orixinais do libro, realizadas polo artista André Neves.
A LIBRARÍA ‘EL DRAGÓN LECTOR’ PREMIA A KALANDRAKA CO SEU 4º PREMIO EDITORIAL POLA RECUPERACIÓN DE CLÁSICOSA libraría El Dragón Lector premia a Kalandraka co seu 4º Premio Editorial en recoñecemento ao labor de recuperación de clásicos da Literatura Infantil e Xuvenil que vén realizando Kalandraka na última década. A entrega do galardón celebrarase o vindeiro 5 de marzo ás 19:30 horas.
MIGUEL CALATAYUD PRESENTA “AL PIE DE LA LETRA” EN ALICANTE E VALENCIA“Al pie de la letra”, de Miguel Calatayud, é unha das recentes apostas de Kalandraka polos libros de autor. Pertence á nova colección ‘Alfabetos’, na que os artistas convidados a participar nesta iniciativa reinterpretan as letras do abecedario, co estilo e o selo personal que os caracteriza. Miguel Calatayud camufla cada letra nunha paisaxe visual, onde a cor e a xeometría desempeñan un papel fundamental.
“SÓ UN SEGUNDO”, ILUSTRADO POR FLAVIO MORAIS, RECIBIU EN MADRID O PREMIO DANIEL GIL AO MELLOR LIBRO INFANTILO álbum “Só un segundo”, ilustrado e deseñado por Flavio Morais, e editado por Kalandraka, foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial ao Mellor Libro Infantil nunha gala celebrada no Museo Raíña Sofía de Madrid. Nesta quinta edición do certame, a mesma obra recibiu tamén un diploma na categoría de ilustración. No apartado de deseño de libros, Faktoría K e a deseñadora Macu Fontarigo recibiron outro diploma por “Animalario”, que o pasado ano tamén fora distinguido co 1º Premio Nacional de Edición na categoría de Arte.
KALANDRAKA PARTICIPA NA FEIRA DO LIBRO DA HABANA, ONDE PON Á VENDA 5.000 LIBROS NO SEU PROPIO STANDKalandraka participa na Feira Internacional do Libro da Habana (Cuba), ata o 24 de febreiro, cun stand propio no que vai expoñer a súa produción editorial máis recente. Poranse á venda uns 5.000 libros, producidos expresamente para esta ocasión, a prezos asequibles para o mercado cubano.
KALANDRAKA PARTICIPA NA FEIRA DO LIBRO DE GUADALAJARA (MÉXICO) CUN STAND PROPIOKALANDRAKA participa ata o 2 de decembro na 21ª Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México), cun stand propio no que exporá o máis recente da súa produción editorial para o público infantil e xuvenil e un adianto dos próximos títulos. Ademais, a Secretaría de Educación Pública (SEP) dese país vén de seleccionar tres obras do seu catálogo, escritas por autores galegos, que se van incorporar ao Plan Nacional de Lectura.
FEDERICO MARTÍN DESCRIBE A LITERATURA COMO “UNHA VIAXE” QUE PARA O PÚBLICO INFANTIL SE CONSTRÚE DESDE A MEMORIAO narrador Federico Martín Nebras sostén que a construcción da memoria é un factor fundamental para achegar o libro e a lectura aos nenos e nenas a partir do seu nacemento. “A literatura sempre é unha viaxe desde o meu mundo ao mundo dos outros”, indica este escritor, antólogo de grandes poetas, contacontos e animador á lectura.
KALANDRAKA PRESENTA AS SÚAS NOVIDADES NA FEIRA DO LIBRO DE FRANKFURTO stand de KALANDRAKA na Feira do Libro de Frankfurt (Alemaña) acolle ata este domingo a visita de autores, ilustradores, axentes literarios e editores de todo o mundo. A presente edición desta feira especializada, unha das máis importantes a nivel internacional, ten como país invitado a cultura catalana, unha lingua na que KALANDRAKA publica parte da súa produción editorial, en colaboración con HIPÒTESI. Así, a obra destacada no stand de KALANDRAKA é “Só un segundo”, dispoñible en galego, castelán e catalán.
O CONCELLO DE SANTIAGO E KALANDRAKA CONVOCAN UN PREMIO INTERNACIONAL DE ÁLBUM ILUSTRADO PIONEIRO EN GALICIAO Departamento de EDUCACIÓN do CONCELLO DE SANTIAGO e a editorial KALANDRAKA veñen de convocar conxuntamente o I Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbums Ilustrados, unha iniciativa pioneira en Galicia e dirixida a autores e ilustradores do ámbito internacional. O prazo de entrega dos traballos finaliza o 31 de xaneiro de 2008 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, data que coincide co Día do Libro Infantil e Xuvenil e co décimo aniversario da creación de KALANDRAKA.
“SÓ UN SEGUNDO” PRESÉNTASE EN BARCELONA COS PROXECTOS DE COEDICIÓN EN CATALÁN NOS QUE COLABORAN KALANDRAKA E HIPÒTESIKALANDRAKA e HIPÒTESI presentaron na libreria Laie de Barcelona o álbum ilustrado “Só un segundo”, de Silvio Freytes e Flavio Moráis; unha obra sobre o tempo e o espazo, que se convirte no décimo libro que coeditan en catalán ámbalas editoriais, co título “Només un segon”.
KALANDRAKA RECOLLE NO LIBER O PREMIO NACIONAL DE EDICIÓN 2007 POR “PUCHO”KALANDRAKA recolleu na Feira do Libro ‘Liber’, celebrada en Barcelona, o Premio Nacional de Edición, nun acto presidido polo Ministro de Cultura, César Antonio Molina. “Pucho, o habitador dos tellados” foi distinguido co terceiro premio na categoría infantil e xuvenil. No acto oficial tamén participaron o presidente da Federación de Gremios de Editores de España, Jordi Úbeda i Bauló, e o director xeral do Libro, Rogelio Blanco.
A IBBY INCORPORA DOUS LIBROS DE KALANDRAKA NA SÚA LISTA DE HONRAA IBBY (Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil) vai incorporar dous libros publicados por KALANDRAKA na súa Lista de Honra. Na modalidade de autor foi seleccionada a obra de Manuel Janeiro, “Pucho, o habitador dos tellados”, e na categoría de tradución o título incluido é “29 historias disparatadas”, traducida ao galego e ao castelán por Susana Fernández de Gabriel e Franck Meyer.
LIBROS PARA SOÑAR CELEBROU A SÚA FESTA DE ENTROIDO E CONTOSLIBROS PARA SOÑAR celebrou o Entroido cunha festa de disfraces á que non faltaron princesas, piratas, ratiñas presumidas e superheroes. Unha tarde de color e fantasía ambientada coa maxia de contos como “Xaime e as landras” ou “Onde viven os monstros”, editados por KALANDRAKA.
KALANDRAKA RECUPERA O CLÁSICO “OS TRES BANDIDOS”“Os tres bandidos”, de Tomi Ungerer, xa está de novo nas librarías e bibliotecas de toda España grazas á aposta de KALANDRAKA por recuperar este clásico contemporáneo da literatura universal. Así, esta obra coñecida e aprezada en todo o mundo, traducida a máis de 30 idiomas, atópase xa dispoñible nas catro linguas: castelán, galego, catalán e euskera.
MARC TAEGER COMPARTIU COS ‘PIRATAS’ DE ‘A PROCURA DO TESOURO’ A FIGURA DE “AQUILES, O PUNTIÑO”O ilustrador Marc Taeger visitou aos ‘piratas’ que participan no obradoiro de expresión dramática, plástica e musical ‘Á procura do tesouro’ que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra e que coordina Migallas Teatro. Marc Taeger elaborou coa axuda dos cativos un mural baseado no personaxe de “Aquiles o puntiño”, un álbume editado por KALANDRAKA, do que foi ilustrador.
A BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE VILAGARCÍA CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA 'CANTAR E CONTAR'A Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Vilagarcía acolle ata o día 26 de novembro a exposición das ilustracións dos contos que forman parte da campaña “Cantar e contar: ler na nosa lingua”, que KALANDRAKA leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A mostra de arte está aberta ás visitas do público en xeral no horario de apertura do centro, de 9:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 21:00 horas, de luns a venres, e os sábados de 9:30 a 13:30 horas.