Patrick Bard

Montreuil-sus-Bois, Francia, 1958

É fotoxornalista, novelista e escritor viaxeiro. O seu primeiro libro, publicado en 1993, é "Mississippi Blues Mud", un caderno de viaxe sobre o mundo do blues. En 1996 deixou Francia para coñecer a vida na fronteira entre os Estados Unidos e México. Desta experiencia de cinco anos xurdiu "La frontera", galardoada co premio Brigada 21 á mellor novela policíaca estranxeira (2005). Outros títulos da súa autoría son "El perro de Dios", "Las cenizas del exilio" ou "Huérfanos de sangre", este último sobre as mafias que trafican con nenos secuestrados en Centroamérica. En "Cerráronseme os ollos" reflexiona sobre unha realidade complexa e poliédrica que espera respostas para salvar vidas... e esperanzas. O seu traballo fotográfico foi exposto no Centro Pompidou, no Gran Halle de La Villette, México, España, Inglaterra, Estados Unidos... Durante moito tempo dedicouse a percorrer América Latina coa súa dona, a artista Marie-Berthe Ferrer.

Altri libri dello stesso autore in castigliano