Tomie dePaola

Estados Unidos, 1934; , 2020

Graduouse en Belas Artes no Instituto Pratt de Brooklyn, ampliando a súa formación académica en California e mais en San Francisco. Durante case dúas décadas traballou como profesor de arte en varios colexios, ata que a finais dos anos 70 retirouse da docencia para dedicarse a escribir e a ilustrar libros. As súa primeira publicación como ilustrador data de 1965; dende entón suma máis de 260 obras para público infantil. Entre os recoñecementos que recibiu destacan as medallas Caldecott 1976 e Newbery 2000, os premios Golden Kite 1983 e 1987, Jeremiah Ludington Memorial 2000, Children's Literature Legacy 2011 e a nominación ao premio Hans Christian Andersen 1990.

https://www.tomie.com

Altri libri dello stesso autore in castigliano