Joan Fontcuberta

Barcelona, 1955

Artista e fotógrafo, profesor na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e na Universidade de Harvard (Estados Unidos), ensaísta, crítico e promotor de arte. Recibiu en Alemaña o Premio David Octavious Hill (1988), en Francia foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras (1994) e galardoárono en España co Premio Nacional de Fotografía (1998). Licenciado en Ciencias da Información, foi co-fundador da revista Photovision; colabora con medios especializados en imaxe. Participou na organización de exposicións en cidades como Barcelona, Madrid, Nova York e Marsella. En 1996 nomeárono director artístico do Festival Internacional de Fotografía de Arlés. A súa obra expúxose en salas de arte e museos de Europa, Norteamérica e Asia, e forma parte das principais coleccións públicas, en Estados Unidos, Alemaña, Francia, Arxentina e España.

http://www.fontcuberta.com/

Altri libri dello stesso autore in castigliano