Carole Hénaff

Orange (Francia), 1973

Pasou os seus primeiros anos en París, onde estudou Filosofía e Literatura Teatral. En 1994 trasladouse a Barcelona e orientou a súa actividade profesional á ilustración, as artes gráficas e a animación por ordenador. Entre 1999 e 2003 traballou no Estudio Peret de deseño, comunicación e creatividade. Ao ano seguinte creou o seu propio taller, onde fai proxectos de publicidade, ilustración de portadas de libros, revistas e cartaces. Outra faceta súa é como autora de cadernos de viaxe. Expuso a súa obra en varias galerías de Barcelona.

http://www.carolehenaff.com/

Altri libri dello stesso autore in castigliano