Miguel Hernández

Orihuela, 1910; Alicante, 1942

Poeta autodidacta, poeta pastor, que levaba libros de poesía no seu zurrón. A súa obra teatral, e sobre todo poética, empeza a despuntar a partir de 1933. Dous anos despois participou nas Misións Pedagóxicas. Entregado á causa republicana, foi un dos expoñentes da poesía de compromiso político. Trala Guerra Civil foi detido en Portugal, encarcerado e condeado a morte por ser o “poeta do pobo”, pena que se lle conmutou por 30 anos de reclusión. Morreu de tuberculose na prisión de Alicante.

Altri libri dello stesso autore in castigliano