Pat Hutchins

Inglaterra, 1942

A sexta de sete irmáns, Pat Hutchins creceu rodeada de campo e natureza, unha circunstancia que se plasma na súa obra. Dende moi nova soubo que quería ser artista, ao que a animou unha parella de anciáns que premiaban cada debuxo seu cunha barriña de chocolate. Estudou nunha escola local de arte durante tres anos antes de ampliar a súa formación na Academia de Arte de Leeds, onde se especializou en ilustración. Ao principio a súa obra limitouse ao circuito comercial artístico de Londres pero, despois de casar, viviu unha tempada en Nova Iorque, onde lle presentou a súa obra -con moito éxito- a varios editores. "O paseo de Rosalía" foi o seu primeiro álbum infantil, Libro Destacado en 1968 pola Asociación de Bibliotecarios de América (ALA, nas súas siglas en inglés). Dende entón escribiu varias novelas e creou numerosos libros ilustrados. Foi galardoada coa prestixiosa Medalla Kate Greenaway en 1974. Actualmente reside en Londres.

Altri libri dello stesso autore in castigliano