Gianni Rodari

Omegna (Italia), 1920; Roma (Italia), 1980

Político, xornalista, pedagogo e escritor. Recibiu o Premio Andersen en 1970. Graduouse en Maxisterio e comezou impartindo clases particulares. Vencellado ao Partido Comunista Italiano, colaborou con xornais como L'Ordine Nuovo e L'Unitá, onde desenvolveu a súa paixón pola literatura infantil. Baseou na realidade obras como "O planeta das árbores", pero o éxito chegou con "Contos longos coma un sorriso", "As aventuras de Cipollino" ou "O libro dos retrousos". Entre as súas obras mestras destacan "Contos a máquina", "Contos por teléfono" e "Contos para xogar", que demostran que a brevidade pode xerar boas historias e permítenlle ao lector escoller o final. A partir das súas visitas a escolas e do traballo cos nenos escribiu "Gramática da fantasía" (1973), a súa grande achega á pedagogxía contemporánea, coa que transmitiu a súa idea revolucionaria e liberadora da literatura.

https://100giannirodari.com

Altri libri dello stesso autore in castigliano