Carme Solé Vendrell

Barcelona, 1944

Estudou pintura na Escola Massana de Barcelona. Editou o seu primeiro libro en 1968 e, dende entón, ilustrou máis de 700 títulos, entre álbums e libros de texto, que se publicaron en numerosos países. Entre as súas exposicións destacan as antolóxicas en Taiwán (1997) e Barcelona (2001). Tamén colabora con revistas infantís e realiza traballos de escenografía, dramaturxia, dirección de teatro, cartelismo e animación. Impartiu cursos de ilustración e conferencias en Europa, América e Asia, ademais de participar en encontros profesionais. É socia fundadora da Asociación Profesional de Ilustradores de Cataluña. Entre os galardóns que recibiu destacan: Janusz Korczak 1979, Premio Nacional de Ilustración 1979, Catalònia 1984, Critici in Erba 1992, Octogone la Fonte 1992, Creu de Sant Jordi 2006, Premio Nacional de Cultura/Cómic 2012, Premio Nacional de Ilustración 2013 polo conxunto da súa obra. Dende 1992 compaxina a ilustración e a pintura.

http://www.carmesolevendrell.com/

Altri libri dello stesso autore in castigliano