Ulises Wensell

Madrid, 1945; Madrid, 2011

Aínda que estudou Química Industrial en Madrid, comezou a súa traxectoria artística ilustrando series didácticas para escolas e editoriais de varios países. Traballou en programas infantís de TVE e colaborou con revistas especializadas a nivel europeo. Participou en congresos e exposicións en España, Estados Unidos, México e Italia; a súa obra exhibiuse na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Foi galardoado co Premio Nacional de Ilustración 1978, co Premio Lazarillo 1979 e candidato ao Premio Andersen 2008.

Altri libri dello stesso autore in castigliano