Arnal Ballester

Barcelona, 1955

A maior parte do seu traballo transcorreu no eido editorial, como ilustrador de libros e portadista. Gañou o Premio Nacional de Ilustración Infantil en 1993; foi designado Ilustrador do ano en 1994 na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña-Unicef; en 1995 outorgáronlle o Premio da Crítica Serra d'Or. En 2005 foi seleccionado para participar na exposición de ilustradores da Feira de Boloña. Dende 1998 adícase preferentemente á ilustración en prensa, aínda que non deixou de ilustrar libros infantís.En 2002 orientou a súa traxectoria profesional ao eido da animación. É profesor na Escola Massana de Arte e Deseño, de Barcelona.

Outros livros do mesmo autor em espanhol