Alejandra Estrada

Medellín, Colombia, 1982

Estudou Artes Plásticas e licenciouse en Estética pola Universidade Nacional de Colombia. Traballa como ilustradora, deseñadora, directora de arte e coordinadora de proxectos editoriais. Tamén se dedicou á animación para documentais e ao comisariado de exposicións. Publicou varios libros para editoriais de Colombia, México e España. Entre as distincións recibidas destaca a mención honorífica no XX Premio Internacional do Libro Ilustrado Infantil e Xuvenil CONACULTA 2015. Dirixe o xornal rural colombiano Monteadentro.

http://alejandraestrada.co

Outros livros do mesmo autor em espanhol