Mem Fox

Melbourne, Australia, 1946

Medrou en Zimbabue, onde os seus pais eran misioneiros. Estudou Arte Dramática en Inglaterra e regresou en 1970 ao seu país natal, onde está considerada unha das escritoras de máis éxito. É autora de numerosas obras para público infantil e adulto, moitas delas traducidas en varios países. Durante case 25 anos foi profesora asociada de Estudos Literarios na Facultade de Educación da Universidade de Flinders. Recibiu diversos premios e doutoramentos honoríficos.

http://memfox.com