Paco Giménez

Valencia, 1954

De formación autodidacta, dende 1974 compaxina a ilustración co deseño gráfico. Dende 1982 o seu traballo céntrase principalmente na ilustración de contos infantís e novelas xuvenís, materiais curriculares, xogos e cadernos didácticos. Tamén elabora historietas e cartaces. Imparte conferencias en escolas de arte e participa en obradoiros e encontros de animación lectora en centros educativos. Forma tándem artístico co escritor Carles Cano. Ilustrou máis de 100 traballos e deseñou uns 40 títulos. Recibiu varios recoñecementos, como o Premio Lazarillo (1989) e o Premio ao libro valenciano mellor ilustrado (2002); a súa obra foi distinguida na selección The White Ravens (1996). Expuxo na Bienal de Ilustración de Bratislava, na Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña, e no Instituto Internacional Charles Perrault, entre outros espazos. Participou na fundación da Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia e da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais.

Outros livros do mesmo autor em espanhol