Antonio Machado

Sevilla, 1875; Colliure, Francia, 1939

Poeta da Xeración do 98, dramaturgo e narrador, estudou na Institución Libre de Ensinanza. Viaxou a París, onde coñeceu a Rubén Darío e traballou para a editorial Garnier. En Madrid involucrouse no ambiente literario e teatral. Ingresou na Real Academia en 1927. Obtivo a cátedra de Francés en Soria, pediu o traslado a Baeza trala morte da súa dona, mudouse a Segovia e regresou a Madrid en 1932. Entre os anos vinte e trinta escribiu teatro en colaboración co seu irmán Manuel. Influído polas lecturas filosóficas de Bergson, Unamuno, e comprometido coa España do seu tempo, durante a Guerra Civil foi evacuado a Valencia. Participou en publicacións republicanas e asistiu ao Congreso Internacional de Escritores para a Defensa da Cultura. En 1939 marchou a Barcelona e, cruzando os Pirineos, chegou a Colliure, onde faleceu.

Outros livros do mesmo autor em espanhol