Nuccio Ordine

Calabria, 1958

Profesor, filósofo e experto no Renacemento e na figura do pensador Giordano Bruno. Actualmente imparte clases de Literatura Italiana na Universidade de Calabria e colabora co Centro para o Estudo do Renacemento Italiano da Universidade de Harvard e da Fundación Alexander von Humboldt, entre outras institucións académicas europeas. É autor de varios libros, que foron traducidos e publicados en nume-rosos países. Entre as distincións que recibiu figuran o Premio Rombiolo, o de Cabaleiro da Lexión de Honra e Comendador da Orde ao Mérito da República Italiana. Escribe periodicamente no diario Corriere della Sera.