Carlos Pérez

Valencia, 1947; Valencia, 2013

Licenciado en Filosofía, foi experto e promotor da arte gráfica. Traballou como conservador e comisario de exposicións no Instituto Valenciano de Arte Moderno (IVAM), no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e no Museo Valenciano de la Ilustración y la Modernidad (MuVIM). Participou na realización de guións para documentais e foi colaborador de prestixiosas revistas especializadas en arte e deseño. Escribiu artigos para catálogos e publicacións e formou parte do comité asesor da Fundación Cañada Blanch e do consello internacional da Fundación Vicente Huidobro. En 2012 foi galardoado coa insignia de Cabaleiro da Orde das Artes e das Letras de Francia.

Outros livros do mesmo autor em espanhol