Archivos mensuales: Noviembre 2010

  1. 'PRESENTACIÓN DE TRAS,TRAS, CUCUTRAS' EN ELCHE

    Reseña de "Tras, tras, cucutrás".

    Lee mas »
  2. FIL 2010: KALANDRAKA EN GUADALAJARA (MÉXICO)

    KALANDRAKA atópase un ano máis en México. Ata o 5 decembro participa na 24ª Feira Internacional do Libro de Guadalaxara cun stand propio no que LIBROS PARA SOÑAR amosa o máis recente da produción editorial de KALANDRAKA, FAKTORÍA K, Callis e Obranegra, promotores deste selo editorial. Castela e León é a cultura invitada nesta edición da FIL, que lle rende homenaxe ao berce do español. KALANDRAKA adica a súa estancia en México a reunirse con autores e ilustradores dese país, como Felipe Ugalde, autor e ilustrador de “Un gran soño”, co que gañou o II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, ou o artista plástico Gabriel Pacheco, ilustrador de “Os catro amigos”, “O home de auga” e “O poliño da abeleira”.

    ------------------------------------

    KALANDRAKA se encuentra un año más en México. Hasta el 5 diciembre participa en la 24ª Feria Internacional del Libro de Guadalajara con un stand propio en el que LIBROS PARA SOÑAR muestra lo más reciente de la producción editorial de KALANDRAKA, FAKTORÍA K, Callis y Obranegra, promotores de este sello editorial. Castilla-León es la cultura invitada en esta edición de la FIL, que rinde homenaje a la cuna del español. KALANDRAKA dedica su estancia en México a reunirse con autores e ilustradores de ese país, como Felipe Ugalde, autor e ilustrador de “Un gran sueño”, con el que ganó el II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, o el artista plástico Gabriel Pacheco, ilustrador de “Los cuatro amigos”, “El hombre de agua” y “El pollito de la avellaneda”.

    Lee mas »
  3. LIBROS DE CIENCIAS EN CULTURGAL

    O profesor Xulio Gutiérrez vén de presentar “Animais Extraordinarios” xunto con Chema Heras, co-director desta colección que edita FAKTORÍA K, na Feira das Industrias Culturais Culturgal. “Bocas”, “Nacer” e “Construtores” son os primeiros tres títulos desta serie que xa vai polo seu ecuador e que vai incorporar tres títulos máis: “Ocultos”, adicada a repasar as estratexias de camuflaxe e mimetismo dos animais para pasaren desapecibidos; un máis sobre as grandes migracións que protagonizan os animais máis viaxeiros; e outro sobre os sentidos máis agudos.

    Lee mas »
  4. PESDELÁN PRESENTA 'NA PUNTA DO PÉ' EN CULTURGAL

    http://www.youtube.com/watch?v=axTg2zC-Sx8

    O grupo Pesdelán debutou en Culturgal cun obradoiro de baile impartido por Montse Rivero, Uxía Cribeiro e Xan Pampín para presentar o seu novo libro-cd-dvd titulado "Na punta do pé", que sae á venda esta semana nas librarías de Galicia e Portugal (co título "Pezinhos de lã"). Uns cantos estiramentos para desentumecer o corpo, unha nocións sinxelas dos pasos da muiñeira, do pasodobre ou do valse... e todos, cativos e maiores, listos para gozar colectivamente da música, dun xeito lúdico e participativo. En próximas semanas, Pesdelán irá visitando diversas localidades galegas para presentar este novidoso traballo que se recolle nun libro ilustrado por Joao Vaz de Carvalho, cun CD  e cun DVD que conteñen, respectivamente, as pezas musicais e as demostracións das danzas.

    Lee mas »
  5. TIC-TAC EN CULTURGAL

    O músico Pablo Díaz e a banda de "Tic-Tac" actuaron na xornada de clausura da Feira das Industrias Culturais Culturgal que se celebrou en Pontevedra. O público, entregado e entusiasmado: cativos e adultos bailaban diante do escenario e seguían as pautas de Pablo e Olga, marcando o ritmo coas mans, cos pés, co corpo enteiro...

    "Tic tac, tic tac, o reloxo vai soar.

    Tic tac, tic tac, témonos que levantar".

    Lee mas »
  6. CON PINTO&CHINTO EN CULTURGAL

    Pinto&Chinto -David Pintor e Carlos López- presentaron en Culturgal o seu libro de relatos ilustrados "Contos para nenos que dormen deseguida", editado por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués.

    Lee mas »
  7. PRE-LANZAMENTO DE 'NA PUNTA DO PÉ'

    http://www.youtube.com/watch?v=axTg2zC-Sx8 

    A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra.

    DES

    Lee mas »
  8. ESTE FIN DE SEMANA ESTAMOS EN CULTURGAL

    Lee mas »
  9. 'MILU', NA BIBLIOTECA DE PONTEVEDRA

    A Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra acollerá este venres día 26, a partir das 18:00 horas, unha sesión de contos para público infantil, organizada pola Fundación Meniños e impartida por Migallas Teatro. A actividade, que se enmarca nos actos con motivo do recente Día da Infancia, está enfocada a concienciar sobre o dereito dos nenos a vivir en familia. “Milu”, un texto do escritor Manuel Rivas, con ilustracións de Aitana Carrasco, será o eixe central da sesión.

    Lee mas »
  10. CONVOCATORIA IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO

    El Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA convocan el IV Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos terminará el 28 de febrero de 2011 y el fallo del jurado se dará a conocer el 1 de abril, previo a la celebración del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, y en el marco de las actividades de la XI Campaña de Animación a la Lectura que organizan el Ayuntamiento de Santiago y Kalandraka.

    El prestigioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “Las aventuras de Pinocho”, “La historia de Erika” o “La casa”, y galardonado con el Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte del jurado del certamen.

    -------------------------------------------

    O Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA convocan o IV Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica única de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 28 de febreiro de 2011 e o fallo do xurado darase a coñecer o 1 de abril, previo á celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da XI Campaña de Animación á Lectura que organizan o Concello de Santiago e KALANDRAKA.

    O prestixioso artista italiano ROBERTO INNOCENTI (Florencia, 1940), ilustrador de obras como “As aventuras de Pinocho”, “A historia de Erika” ou “A casa”, e galardoado co Premio Hans Christian Andersen en 2008, formará parte do xurado do certame.

    BASES EN CASTELLANO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMES ILUSTRADOS

    BASES EN GALEGO: IV PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUMS ILUSTRADOS

    REGULAMENTO EM PORTUGUÉS: IV PRÉMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUNS ILUSTRADOS

    RULES IN ENGLISH: IV INTERNATIONAL COMPOSTELA PRIZE FOR PICTURE BOOKS

    Lee mas »
Página